Esta é a recompilación dos vídeos correspondentes ós Venres de Viva Voz en lingua castelá.
GRAZAS!
A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.
Para vós, para sempre: GRAZAS!
sábado, 30 de abril de 2011
UN FANTÁSTICO DÍA DO LIBRO
Porque foi preparado por todos e cada un dos nosos alumnos e alumnas con moitísimo entusiasmo e interese.
En primeiro lugar, cada aula investigou entre a bibliografía da nosa Biblioteca (ou a través doutros recursos persoais) sobre poemas relacionados co tema do noso Proxecto Documental Integrado (Un bosque para ler e navegar). Como froito desa procura, cada grupo elixiu dous poemas (un en galego e outro en castelán) que, posteriormente, decoraron.
O resultado, o noso libro cooperativo deste curso, coordinado magníficamente no aspecto estético pola profe Luz.
Logo dunhas semanas de nerviosismo e preparación, por fin, chegou o momento tan esperado por todos: os apadriñamentos lectores.
Xa antes das vacacións de Semana Santa, a nosa Xefa de Estudios (Elisa) elaborou os listados que relacionaban a padriños e afillados, encomendándolles ós primeiros que elixiran un conto para lles ler ós segundos.
Algúns buscaron entre os volumes das súas respectivas bibliotecas persoais. Outros, pasaron pola Biblioteca Escolar intentando atopar o libro axeitado á idade do seu afillado. Houbo quen "exprimiu a súa cabeza" e chegou cunha marioneta para acompañar a súa lectura. E quen decidiu que tiña que coñecer antes ó seu afillado e realizou visitas ás aulas de Educación Infantil durante a semana.
En resume: observouse unha espectación e un interese inusitados pola actividade. E daba gusto ver o agarimo que transmitían todos (incluso os máis duros "futboleiros") polos cativiños. Xulgade por vós mesmos con estas imaxes tomadas en "plena faena".
Pola miña banda, estou a desexar que podamos repitir esta actividade.
Pero, como "de ben nacidos é ser agradecidos", queremos dar as grazas a todos os compañeiros e compañeiras do PLAMBE que nos proporcionaron esta idea. Creo que son moitos, e non os lembro a todos. Supoño que non se ofenderán se os resumo nunha persoa que si "teño na mente": Julia González, do C.E.I.P. Mestres Goldar. Grazas a Julia e a todos os demais.
E como vedes que calqueira lugar é bo para ler (baixo unha árbore, sentados diante dunha mesa, nunha escada, no interior dunha casiña de xoguete...) deixámosvos con este poema co que, este curso, Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia polo Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor:
O LUGAR DA LECTURA
Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.
MARÍA VOLTOU Á BIBLIOTECA PARA NOS CONTAR CONTOS
María, a colaboradora máis coñecida e querida do Colexio, voltou á nosa Biblioteca para nos contar un conto.
Como vedes, o público foi numeroso, a pesar do noso despiste á hora de convocalo. É que... María sempre é un "valor seguro" á hora de contar contos!
María contounos nesta ocasión tres contos: Agora non. Fernando; A miña primeira máquina de fotos e Cómo enseñar a los padres a leer libros de cuentos. E, ademais, como é toda unha profesional, veu pertrechada dun montón de cousas: un monstro "tragatodo" de cartón, unha máquina polaroid que tiraba debuxos...
Xa estamos a desexar que nos volte contar un conto!
NOVAS ANDANZAS DE CARRAPUCHIÑA EN EDUCACIÓN INFANTIL
Carrapuchiña chegou de novo ás aulas de Educación Infantil para nos aprender moitas cousas.
Carrapuchiña estivo a nos aprender as distintas partes das árbores. E na súa cestiña deixounos un conto marabilloso, titulado Un piñeiro silencioso.
A partir deste libro estamos investigando que animais viven na copa, no tronco e nas raíces das árbores.
A nosa amiga tamén nos propuxo coñecer as distintas agrupacións de árbores de Galicia. Así, os de 5 anos están a traballar as carballeiras; os de catro, os soutos, e os de tres, os piñeirais.
Xa veredes que maquetas máis meigas imos facer...! Estamos coas mans... nas árbores!!!
miércoles, 27 de abril de 2011
GAUDÍ, O ARQUITECTO MODERNISTA POR EXCELENCIA
Este curso queremos aproveitar a oportunidade que nos da a nosa Agrupación ARCE para coñecer algo máis sobre algúns personaxes senlleiros das Comunidades Autónomas dos nosos socios.
Os nenos e nenas e Educación Infantil están a traballar xa sobre Cervantes e o Quijote; no Primeiro Ciclo coñecimos a lenda de Sant Jordi; no Segundo Ciclo achegaranse á figura de Gaspar de Jovellanos; e os chicos e chicas de Terceiro Ciclo aproximaranse á vida dun grande creador: Antoni Gaudí.
A teacher Montse vai traballar sobre este grande arquitecto e a súa obra na Sección Bilingüe. Para iso, ten preparado un traballo que podedes consultar neste enlace.
E para coñecer algo máis sobre a súa obra, tan significativa no movemento modernista e tan identificativa da cidade de Barcelona, deixámosvos aquí este vídeo:
2011, AÑO JOVELLANOS
Como homenaxe ós nosos amigos e amigas do Proxecto ARCE, que tan boa acollida nos deron durante o mes de novembro, quixemos falar sobre Gaspar de Jovellanos, e descubrimos... que este ano 2011 se celebra o Bicentenario da súa morte!
Jovellanos naceu en Gijón, no seno dunha familia nobre, no ano 1744, e morreu en 1811. Foi un importante escritor, jurista e político. Estaba influenciado polas ideas da Ilustración, tan de moda en Europa durante o século XVIII.
Se lembrades, hai dous cursos celebramos o Bicentenario da Reconquista de Vigo ós franceses. Precisamente, Jovellanos viviu nesa época, e foi, polo tanto, contemporáneo de Napoleón.
Como político ilustrado, Jovellanos contribuiu á modernización de España, especialmente no tocante á reforma agraria.
Para saber máis sobre Jovellanos, podedes ler esta Biografía en cómic elaborado polos alumnos e alumnas do I.E.S. Emilio Alarcos de Gijón:
Para comprender en que consistiu o movemento ilustrado, podedes disfrutar deste vídeo:
Para coñecer como era a vida en Europa durante o século XVIII e pasar un rato divertido, tendes aquí o capítulo titulado O século das luces, da famosa serie de animación Érase una vez el hombre.
lunes, 25 de abril de 2011
ROMANCE DO LIBRO
O Coro Infantil interpretou este Romance do Libro (escrito polo mestre Ramón Hto.) onde se nos dan bos consellos:
Le moito durante o ano,
le moito a fin de semana,
le moito este verán
e serás home mañán.
Podedes ver ós rapaces en plena actuación (moi profesional, por certo) neste enlace:
domingo, 24 de abril de 2011
O MUNDO NAS TÚAS MANS
O noso compañeiro Victorio tennos feito este fermoso agasallo.
Un vídeo con fermosas imaxes, fermosa música, pero, sobre todo, cunha fermosa mensaxe. Todavía estamos a tempo de pensar por nós mesmos, de obrar con sentido común, de salvar á nosa Nai Terra, porque... se salvamos á Nai Terra, salvaremos á Humanidade.
Desfrutade, e... pensade!
viernes, 22 de abril de 2011
23 de abril: DÍA DO LIBRO E DA ROSA
Este 23 de abril celebramos o Día do Libro lembrando ós nosos compañeiros e compañeiras de Agrupación ARCE.
Aínda que este ano, por coincidir coas vacacións de Semana Santa, celebraremos o Día do Libro o vindeiro venres 29, non queremos deixar pasar a data sen nos referir a dous personaxes moi significativos para os nosos compañeiros de aventura.
Efectivamente, o 23 de abril, segundo o Santoral, é o Día de San Jordi, patrón de Cataluña. Conta a lenda que este cabaleiro mostrou grande valor para salvar a unha princesa das garras dun dragón que tiña aterrorizado ó seu pobo. Cando San Xurxo (Jordi en catalán, Jorge en castelán, George en inglés) clavou a súa espada no corpo do dragón, do seu sangue naceu un rosal de rosas vermellas. (Para saber máis sobre esta lenda, preme neste enlace).
San Xurxo entregou á princesa un ramo destas flores.
Aquí tendes un simpático vídeo sobre esta historia. Os personaxes están elaborados con plastilina.
Dende o século XV, en Barcelona, celébrase a Fira de Roses (la Feria de Rosas). Os homes agasallan ás súas amadas cunha rosa vermella, en prenda do seu amor. Dende 1925, en Cataluña celébrase o Día do Libro. As mulleres obsequian ós seus homes cun libro.
Partindo desta iniciativa xurdida en Cataluña, a UNESCO instituiu, en 1995, o Día Internacional do Libro, que se ven celebrando en todo o mundo dende o 23 de abril de 1996. Esta data ten sido elixida, ademais, porque o 23 de abril de 1616 morreron tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso.
Aproveitamos, pois, esta data, para nos lembrar dos nosos compañeiros e compañeiras da Escola Joan Rebull de Reus. Achegámonos á súa lingua e ás súas tradicións con este conto interactivo que temos atopado na Internet e que, aínda que en catalán, seguro que entendemos perfectamente.
San Xurxo entregou á princesa un ramo destas flores.
Aquí tendes un simpático vídeo sobre esta historia. Os personaxes están elaborados con plastilina.
Dende o século XV, en Barcelona, celébrase a Fira de Roses (la Feria de Rosas). Os homes agasallan ás súas amadas cunha rosa vermella, en prenda do seu amor. Dende 1925, en Cataluña celébrase o Día do Libro. As mulleres obsequian ós seus homes cun libro.
Partindo desta iniciativa xurdida en Cataluña, a UNESCO instituiu, en 1995, o Día Internacional do Libro, que se ven celebrando en todo o mundo dende o 23 de abril de 1996. Esta data ten sido elixida, ademais, porque o 23 de abril de 1616 morreron tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso.
Aproveitamos, pois, esta data, para nos lembrar dos nosos compañeiros e compañeiras da Escola Joan Rebull de Reus. Achegámonos á súa lingua e ás súas tradicións con este conto interactivo que temos atopado na Internet e que, aínda que en catalán, seguro que entendemos perfectamente.
O outro personaxe do día, Miguel de Cervantes, transpórtanos a Alcázar de San Juan (Ciudad Real), localidade da Mancha na que se ten atopado a partida de nacemento do famoso escritor. Alí están os nosos amigos e amigas do Colegio Público Jardín de Arena.
Se premedes na seguinte imaxe, enlazaredes cunha biografía moi sinxela para nenos.
Se premedes na seguinte imaxe, enlazaredes cunha biografía moi sinxela para nenos.
E para que os máis cativos coñezan un pouquiño máis sobre don Quijote, o máis famoso personaxe de Cervantes, deixámosvos con este material interactivo que temos coñecido de xeito casual. Nel aparecen resumes dalgúns capítulos e actividades en rede que seguro, seguro, farán as delicias dos nosos alumnos e alumnas.
MANUEL LOURENZO GAÑA O PREMIO "BARCO DE VAPOR"
O escritor Manuel Lourenzo ven de gañar o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil e Xuvenil.
Convocado pola Fundación S.M., este premio pretende estimular a creación literaria en lingua galega, ademais de premiar obras que fomenten valores humáns, sociais, culturais e relixiosos.
A novela presentada titúlase Mundo ARB, e trata sobre a defensa da Natureza e o deber de conservala. Como nos indica o propio autor nesta entrevista publicada por Faro de Vigo, Mundo ARB é unha novela de viaxes na que os protagonistas son unha comunidade humana que vive nas árbores.
Unha novela moi axeitada para celebrar este Ano Internacional dos Bosques, e moi vencellada ó noso Proxecto Documental Integrado deste curso (Un bosque para ler e navegar). Eu, pola miña banda, xa estou desexando lela.
Convocado pola Fundación S.M., este premio pretende estimular a creación literaria en lingua galega, ademais de premiar obras que fomenten valores humáns, sociais, culturais e relixiosos.
A novela presentada titúlase Mundo ARB, e trata sobre a defensa da Natureza e o deber de conservala. Como nos indica o propio autor nesta entrevista publicada por Faro de Vigo, Mundo ARB é unha novela de viaxes na que os protagonistas son unha comunidade humana que vive nas árbores.
Unha novela moi axeitada para celebrar este Ano Internacional dos Bosques, e moi vencellada ó noso Proxecto Documental Integrado deste curso (Un bosque para ler e navegar). Eu, pola miña banda, xa estou desexando lela.
jueves, 21 de abril de 2011
NAVEGANDO CON RUMBO POLO CIBERESPAZO
Unhas guías para familias, alumnado e profesorado que nos axudan a non perder o rumbo.
Teño que recoñecer que, de pura casualidade, atopei este material. Tal vez ía "desnortada". Pero, como o subconsciente é o que, moitas veces, nos guía, o "piloto automático" empezou a pitar.
Este material, elaborado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia ofrécenos consellos para navegar pola Internet dun xeito seguro e fiable.
Espero que vos sirva de utilidade, se é que non o coñecíades. Podedes atopalo no seguinte enlace:
martes, 19 de abril de 2011
O CAMBIO CLIMÁTICO
| Page URL: | http://mrg.bz/3QKJlQ |
| Image URL: | http://mrg.bz/Ao0lNk |
Para mostrárnolo, traballaron arreo. Primeiro, sentiron interese polo desxeo dos polos. A partir de aí buscaron información e chegaron á conclusión de que este fenómeno é un dos efectos do cambio climático. Seleccionaron, pois, diferentes materiais para elaborar un programa informativo e presentacións de fotografías.
Como vedes, mostrámosvos dúas presentacións realizadas por Noa e Noel que enmarcan o Noticieiro, no que participou a totalidade da clase.
Noraboa polo voso traballo, e polo moito que podemos aprender del!
domingo, 17 de abril de 2011
XOGANDO COS DEDOS
| Page URL: | http://mrg.bz/kCoLqQ |
| Image URL: | http://mrg.bz/5o6uOW |
Aquí os tendes, con toda a súa espontaneidade:
E aquí está o traballo que prepararon na aula:
Moi ben, rapaces!
UN BOSQUE NAS NOSAS PORTAS
O xardín do noso cole foise, pouco a pouco, poboando de flores e follas.
Primeiro, a ameixeira apareceu como nevada, tan cargadiña estaba de flores; logo, no magnolio saíron unhas preciosas flores rosas, ó tempo que nos salgueiros choróns aparecían pequenas bagoas verdes; agora, as follas das cerdeiras cubren xa as pequenas flores brancas das súas ramas.
Chegou a primavera ó patio do Colexio!
E, mentras tanto, as portas das aulas e os corridores fóronse engaiolando de árbores fantásticas, boticas de menciñeiros e personaxes fantásticos que habitan os bosques. Todo para nos recordar o noso Proxecto Documental Integrado deste curso: Un bosque para ler e navegar.
UNHA NOVA TARDE DE CONTO CON LOLA
Foi o mércores 13 de abril. Nesta ocasión, contounos Historias para ayudar a crecer a los más pequeños, Rato Pincho e A princesa que perdeu o seu nome.
Aquí vedes a Lola e ó seu numeroso público.
Grazas, Lola.
UNHA ÁRBORE NAS TÚAS MANS
Sabías que, nas túas mans, pode haber unha árbore? Para comprobalo, aquí tes os traballos destes rapaces.
jueves, 14 de abril de 2011
OS NOSOS TRABALLOS SOBRE ERIC CARLE
Os nenos e nenas de 2º B presentáronos estes debuxos:
Os de 4º B decantáronse por Papá, por favor, achégame a lúa:
Por último, os de 5º B fixeron a súa reinterpretación (empregando materiais diversos) da fermosa bolboreta na que se convertiu a Pequena Eiruga Larpeira.
A lectura e a arte van sempre da man. Grazas, profes!
A PEQUENA EIRUGA LARPEIRA, O NOSO ÁLBUM FAVORITO DE MARZO
Despois de ler con grande entusiasmo, este álbum de Eric Carle foi seleccionado, durante o mes de marzo, como o favorito dos nosos alumnos.
SEGUNDA LECTURA PARA OS CLUBES
A nosa próxima lectura: No corazón do bosque, de Agustín Fernández Paz.
Moi ilusionados, os membros dos nosos clubes de lectura acudiron esta mañán á Biblioteca para recoller os seus libros.
Nesta ocasión, queremos agradecer a Dolores, a coordinadora da Biblioteca do I.E.S. Poeta Añón, de Outes, a súa xenerosidade e disponibilidade para ofrecernos os volumes dos que dispoñen no seu Instituto.
Grazas, e... ós superlectores: Feliz lectura!
martes, 12 de abril de 2011
O NOTICIEIRO ECOLÓXICO DE 3º B
Durante a semana que lles tocou, estiveron a investigar na prensa diversas novas relacionadas coa Ecoloxía. E o fixeron con tanta pulcritude, que seleccionaron textos de ámbito local, nacional e mundial.
Aquí os tendes.
lunes, 11 de abril de 2011
ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
O venres día 8 de abril participamos nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011.
O Encontro comenzara xa o día 7 (nesta sesión só foron convocados os centros de nova incorporación).
O venres resultou un día intenso: fomos recibidos polo Conselleiro de Educación e polos señores Mira (Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa) e Pinal, (Director Xeral de Centros e Recursos Humanos).
A continuación, Teresa Mañá e Mónica Baró faláronnos sobre un tema fundamental para planificar correctamente o noso traballo: a avaliación. Unha tarefa que, na teoría, está sempre presente. Pero que, na práctica adoitamos cosiderar un trámite burocrático ó que non lle damos a importancia que merece.
Con grande meticulosidade, explicáronnos o proceso que levaron a cabo para estudiar as boas prácticas na integración da biblioteca escolar nos centros educativos. Esta experiencia está recollida na publicación do Ministerio de Educación e da Fundación Germán Sánchez Ruipérez titulada Bibliotecas escolares "entre comillas", que coñecimos o ano pasado en Fraga cando fomos recoller o noso Premio Nacional de Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares.
Logo, déronnos información sobre o traballo que están realizando na actualidade: un cuestionario de avaliación das prácticas na biblioteca escolar que están preparando para o Ministerio, e que, sen dúbida, nos será de grande axuda para orientar o noso traballo.
Tras o café, sesións simultáneas sobre Literatura en Imaxes. Ademais das experiencias de distintos centros do noso colectivo que traballan co vídeo e a banda deseñada, poidemos aprender un montón de cousas sobre o cómic e a súa historia da man de Kiko Dasilva.
Durante a comida, disfrutamos do marabilloso día, e aproveitamos para coñecer a novos compañeiros e compañeiras, e saudar a xente da que facía anos que perdéramos a pista.
As sesións da tarde comezaron coa xuntanza por zonas. Escoitar os problemas e as aspiracións de cadaquén é gratificante, porque nos demostra que non estamos sós e que son moitos os que participan das nosas inquedanzas e das nosas angueiras.
Por último, recibimos un fermoso agasallo. A presenza de Xosé Neira Vilas, quen nos contou anécdotas entrañables da súa vida. Coa súa retranca e o seu bo humor, coñecimos de primeira man retazos da súa biografía; a súa xenerosidade e entrega na divulgación da lectura; a súa relación con Anisia Miranda, a súa compañeira da alma; a súa loita por demostrar que "esta esquina de aquí ten un un idioma de seu e unha literatura de seu".
Grazas a todas as persoas que fixeron posible, co seu traballo, estes magníficos Encontros: ós ponentes, polo seu esmero e rigurosidade; a Cristina e Pilar, por comandar "contra vento e marea" este buque das Bibliotecas Escolares de Galicia; e a todos eses asesores, asesoras e colaboradores que, coa súa labor silenciosa, nos foron facilitando o traballo a todos (Consuelo, Nati, Teresa, Chus, Javier, Loli, Ánxela, Gabriela e Leonor).
Por último, quero dar tamén as grazas a Loli Lago (O Segrel do Penedo, do IES de Fene) e a Emilio Roca (IES Pedra da Aguia), por ser máis previsores ca nós e estar sempre preparados coa súa cámara de fotos para deixar constancia de todo o que ocurre. Podedes verificalo neste álbum de O Segrel do Penedo.
Os magníficos materiais poden consultarse neste enlace da páxina web de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Está claro que abril é o mes dos libros... e das Bibliotecas Escolares Galegas!
domingo, 10 de abril de 2011
O QUE SABEMOS DO EUCALIPTO
As propostas de traballo podédelas lembrar neste enlace.
Aquí tendes unha escolma dos traballos realizados polos nenos e nenas de 3º (A e B):
E aquí, o dos nenos e nenas de 4º B:
ANDAINA POLOS MUÍÑOS DO RÍO DA FRAGA
Na mañán do sábado 9 de abril de 2011, varias familias do Colexio participaron nesta actividade organizada pola A.N.P.A.
A A.N.P.A. do noso Cole está sempre disposta a participar nos proxectos da nosa Biblioteca. Como este ano a nosa proposta vai sobre os bosques (Un bosque para ler e navegar), xa levan organizado dúas andainas familiares.
Nesta ocasión, percorrimos unha parte do Sendeiro dos Muíños do Río da Fraga, en Meira (Moaña).
Xa o nome do sendeiro prometía moito. Pero iniciar a ruta siñificou introducirnos nun bosque máxico no que, xunto ó murmurio persistente da auga, se intuía a presenza de seres fantásticos. Resultaba inevitable imaxinar algún druída ó carón dun carballo, ou fermosas xacias que, sentadas nunha rocha, peiteaban os seus loiros cabelos nun remanso. Quizáis o grupo tan numeroso espantara a algún trasgo que correra a esconderse baixo un fento. Os vellos muíños destellados eran a testemuña calada dun tempo no que a roda de facer a fariña rompía o silencio da fraga, e os animais cargados de sacos transportaban o millo moído para facer un pan que enchía de arrecendo o forno e servía para saciar a fame durante toda a semana.
Algúns entusiastas das Ciencias Naturais acudiron pertrechados de papel, lápis, botes para gardar tesouros e prismáticos. Outros atoparon rás e babosas polo camiño. Os amantes da fotografía e da arte non sabían que atender, tal era a cantidade de marabillas que nos rodeaba.
Xulgade por vós mesmos (non estades a escoitar o tintineo persistente da auga?):
A A.N.P.A. do noso Cole está sempre disposta a participar nos proxectos da nosa Biblioteca. Como este ano a nosa proposta vai sobre os bosques (Un bosque para ler e navegar), xa levan organizado dúas andainas familiares.
Nesta ocasión, percorrimos unha parte do Sendeiro dos Muíños do Río da Fraga, en Meira (Moaña).
Xa o nome do sendeiro prometía moito. Pero iniciar a ruta siñificou introducirnos nun bosque máxico no que, xunto ó murmurio persistente da auga, se intuía a presenza de seres fantásticos. Resultaba inevitable imaxinar algún druída ó carón dun carballo, ou fermosas xacias que, sentadas nunha rocha, peiteaban os seus loiros cabelos nun remanso. Quizáis o grupo tan numeroso espantara a algún trasgo que correra a esconderse baixo un fento. Os vellos muíños destellados eran a testemuña calada dun tempo no que a roda de facer a fariña rompía o silencio da fraga, e os animais cargados de sacos transportaban o millo moído para facer un pan que enchía de arrecendo o forno e servía para saciar a fame durante toda a semana.
Algúns entusiastas das Ciencias Naturais acudiron pertrechados de papel, lápis, botes para gardar tesouros e prismáticos. Outros atoparon rás e babosas polo camiño. Os amantes da fotografía e da arte non sabían que atender, tal era a cantidade de marabillas que nos rodeaba.
Xulgade por vós mesmos (non estades a escoitar o tintineo persistente da auga?):
Como vedes, un día perfecto que continuou coa comida e coas rutas durante a tarde no Lago Castiñeiras.
Noraboa a Coni e ó resto dos membros da A.N.P.A. por tan boa organización.
Xa estamos a desexar outra saída así...!
UNHA TARDE DE MEDO
| Page URL: | http://mrg.bz/nOLX1P |
| Image URL: | http://mrg.bz/EV6CW |
O pasado mércores 6 de abril tivemos unha Tarde de Conto de Medo.
Nesta ocasión, volvéronnos acompañar Marisol, Irene e Raquel. E contáronnos Los cocos de casa Coco e ¿Asustan los fantasmas?
Seguro que se, entre o numeroso público, había algún rapaz medorento, perdeu todo o seu temor cando fixeron as onomatopeas dos mouchos, dos ratos, dos gatos, ou das pantasmas.
Rematamos repartindo contos da Biblioteca e disfrutando da súa lectura.
Unha vez máis, Marisol, grazas polo teu entusiasmo e a túa adicación!
sábado, 9 de abril de 2011
UNHA NOVA AULA PARA BERNAL
Ese día, os Informativos de Telecinco adicaron uns fermosos minutos a falar de persoas como María, e a presentar a nova Aula Multisensorial de Menela, unha asociación entregada ó autismo que está radicada na nosa cidade. Recoñecedes a alguén? A que luce moi ben diante da cámara...?
viernes, 8 de abril de 2011
INTERTEATRO
| Page URL: | http://mrg.bz/HiLyKQ |
| Image URL: | http://mrg.bz/e8S5vR |
Esta mañán, no noso cole, recibimos a visita dos nenos e nenas do C.E.I.P. Pintor Laxeiro.
Representaron para o noso alumnado a obra A viaxe de Farrapos, no marco do programa interescolar titulado Interteatro.
Dentro deste mesmo programa, os nenos e nenas de 4º curso de Primaria do noso cole representaron onte a obra escrita polo profe Victorio O espírito do bosque no auditorio da ESAD. Podedes seguir a nova neste enlace.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)




























