Leo naceu en 1910 en Amsterdam. Era fillo dun pulidor de diamantes xudeo, e dunha cantante de ópera italiana. Estes datos resultan moi relevantes, porque as vivencias da súa infancia foron fundamentais na súa obra. Tamén o feito de que lle gustaban moito os animais, e de que construira un terrario na casa.
Xa dende cativo, Leo só tiña un desexo: ser artista. Disfrutaba cando acudía ós museos situados preto da súa casa; tamén cando o seu tío Piet lle pedía que pousara para retratalo. Nas súas memorias, Leo Lionni di sobre aqueles anos: "Arte era para min unha palabra con maiúsculas. Pintura, escultura, canto, piano, e tamén incluía a arquitectura. Artistas eran o tío Piet, a miña nai, van Gogh, Rembrandt, Chagall...".
Con dez anos, Leo emigrou a Génova, cos seus pais. Logo, en 1939, coa persecución nazi, marchou ós Estados Unidos, e nacionalizouse estadounidense. En 1962 instalouse, definitivamente, en Italia.
A pesar de estar destinado á arte, Leo Lionni nunca tivo unha formación académica: estudiou Economía e, finalmente, adicouse á publicidade. Só por casualidade, ós 49 anos, ilustrou o seu primeiro libro: viaxando en tren, e para entreter ós seus netos, comenzou a recortar papeliños de cores. Así naceu Pequeno azul e pequeno amarelo. Deste xeito, Leo Lionni convertiuse en pioneiro e maestro do álbum ilustrado.
Hoxe imos disfrutar de dúas obras de Leo Lionni:

FRÉDERIC, unha re-visión da fábula de Esopo titulada A cigarra e a formiga.
Cando teñas lido ambos os dous álbumes, podes premer neste enlace, onde atoparás a versión que os alumnos e alumnas de 5 anos do C.E.I.P. Pedrouzos teñen feito de Fréderick.


1 comentario:
Encántanme estas entradas que realizades de ilustradores. Parabéns.
Publicar un comentario