GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 26 de febrero de 2011

CEANDO NA COMPAÑA DUN MAGO

Félix Vallés Calvo
http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/

Unha suculenta tarde de conto.

O pasado mércores 23 de febreiro, os nenos e nenas que participaron nas Tardes de Conto disfrutaron, unha vez máis, do bo facer e da entrega de Marisol, a nai de Irene.

Todo comenzou cun conto titulado Una cena en compañía de un mago. Logo, a propósito dos animais que saían no relato, xogamos ó Quen é quen?

E, para rematar unha tarde estupenda, saboreamos uns deliciosos mangos.

Que máis podemos pedir?

Mirade o ben que o pasaron!



No hay comentarios: