GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 26 de febrero de 2011

O VERDE MOLA!


Chega o Entroido! Todos a cantar!

Como sabedes, o noso Proxecto Documental deste curso está adicado ós bosques.

Con tal motivo, presentámosvos o tema da obra de teatro que están a preparar os alumnos e alumnas de 4º curso de Primaria, e que podemos cantar todos o vindeiro Venres de Entroido.

Seguro que recoñecedes a música!





Para vivir neste mundo
a Natureza hai que coidaren con moito tino.
Non queimes bosques, non lixes ríos.
A Natureza hai que coidaren os pais e os fillos.

O ceo está negro. 
O mundo, así, é feo. 
Acabamos coas selvas, acabamos cos bosques. 
Rompamos xa esta roda!
O verde mola!


Rompamos esta roda!
Tuki, tuki, eh, eh!
Unámonos a esta ola!
O verde mola!

Ánimo, irmáns! Xa somos moitos!
A Natureza non hai que estragar. Estade ó loro!
Hai que espertar. É o momento!
A Natureza hai que coidar, grandes e pequenos.


O ceo está negro. 
O mundo, así, é feo. 
Acabamos coas selvas, acabamos cos bosques. 
Rompamos xa esta roda!
O verde mola!

Rompamos esta roda!
Tuki, tuki, eh, eh!
Unámonos a esta ola!
O verde mola!






1 comentario:

Anónimo dijo...

Xenial! Encantoume esta canción de O Verde Mola! Parabéns, Mónica!!! Sodes unhas artistas!
María Diéguez