GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 8 de febrero de 2011

COMENZARON AS ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN DOCUMENTAL


Como cada ano, a finais de xaneiro, na nosa Biblioteca comenzan, propiamente, as actividades de Educación Documental.

Inspiradas no Proxecto Documental Integrado deste curso (Un bosque para ler e navegar), estamos a investigar o noso bosque autóctono.

Así, en Educación Infantil chegou Carrapuchiña Vermella, como xa temos informado nun post anterior.

No Primeiro Ciclo de Primaria estivemos a investigar sobre a oliveira, e, finalmente, a localizamos no patio do Colexio. Aquí podedes ver algunhas fotos da sesión cos alumnos e alumnas de 1º A.



No hay comentarios: