GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 23 de febrero de 2011

24 de FEBREIRO: ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Como cada 24 de febreiro, celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa meirande poetisa.

Rosalía foi galega ó cen por cen: falou e escribiu na súa lingua nai; experimentou a emigración, como tantos miles de galegos que marcharon polo mundo para conquerir unha vida digna; e, como galega, experimentou ese sentimento tan noso: a morriña. 

Esas tres experiencias aparecen recollidas nun dos seus poemas máis coñecidos: Adeus ríos, adeus fontes. Aquí o temos cantado por outro grande poeta (da música): Amancio Prada

Esta é a nosa pequena homenaxe a unha grande muller. 




No hay comentarios: