GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 5 de febrero de 2011

ECOS DO DÍA DA PAZ


Cun pouco de retraso, facémosvos partícipes de como transcurriu o Día da Paz no noso Centro.

A celebración tivo lugar o venres 28 de xaneiro, e nela participou a totalidade do alumnado e profesorado. Previamente, durante a semana, coordinados pola Orientadora, os rapaces colaboraron na confección do mural que ilustra esta nova.




Entre recitados, obras de teatro, monicreques e poesías, a Biblioteca Escolar tivo un oco especial: este curso, o Equipo de Biblioteca traballa sobre dous eixos vertebradores: a prensa e o Proxecto Documental Integrado sobre os bosques (Un bosque para ler e navegar). Por tal motivo, a actividade proposta consistiu (tras a tarefa de sensibilización previa) en que cada aula elaborara o seu propio editorial tomando como tema a defensa da Natureza. Podedes lembrar as propostas no seguinte enlace.

Así, un ou dous representantes de cada grupo deron lectura ó seu Editorial no transcurso da celebración. Podo adiantarvos que resulta sorprendente a madurez e a sensibilidade que transmiten sobre o tema que pretendemos traballar. Pero vós mesmos podédelo comprobar e valorar.
 


Tamén, a raíz das actividades propostas, foron xurdindo espontáneamente diversas iniciativas  nas distintas aulas. Aquí tendes algunhas.




A festividade rematou no patio do Colexio, onde nos acompañaron tamén as familias. Alí, nun fantástico fin de festa, cantamos as dúas cancións que temos traballado durante as semanas precedentes: Está llorando el sol, de Cómplices, e Hermana Tierra, de La Unión. Podedes ver o ben que o pasamos neste vídeo.



Se queredes disfrutar máis polo miúdo das actuacións que tiveron lugar ese día, remítovos a este enlace da páxina web do Colexio.

E posto que xa non vos podo desexar Feliz Día da Paz, convídovos a que todos e cada un de nós fagamos de cada día unha auténtica Festa da Paz e do Respecto hacia os demais e hacia a Natureza. 

No hay comentarios: