GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 14 de febrero de 2011

PAPI E MAMI ACTUARON PARA NÓS


Na mañán do Día de San Valentín, un grupo de pais e nais estiveron connosco representando unha obra de teatro.

Como xa veñen facendo dende hai uns anos, para centrar o noso Proxecto Documental Integrado, prestáronse a representarnos unha obra axeitada ó mesmo. Neste caso, tratouse de Historia dunha sobreira, de Ramón Caride.

Cada ano, as dotes artísticas dos papis e mamis van progresando, e xa teñen un montón de soltura. Pero, sobre todo, o que nos asombra é a súa infinita xenerosidade: moitas tardes de ensaio, e , incluso, ter que pedir o día no traballo para estar connosco.

Infinitas grazas por este día tan marabilloso que nos tendes adicado. A lección quedoulles ben clariña ós cativos: hai que coidar as árbores.




No hay comentarios: