GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 24 de febrero de 2011

ESTREAMOS CLUBES DE LECTURA!


Hoxe ten sido un día importante na Biblioteca: durante o recreo, as súas portas pecháronse (por fóra) para acoller a primeira xuntanza dos clubes de lectura. 

Os protagonistas, un nutrido grupo de rapaces e rapazas de 5º de Primaria, moi entusiastas e con moitas ganas de ler e de compartir lecturas.

O primeiro que fixemos (como eramos moitos) foi repartirnos en dous grupos, e pórlles nome. Estes resultaron moi suxerentes: Libro & Co. e Locos por los libros.

Logo repartimos os exemplares do libro proposto: O chápiro verde, de Marilar Aleixandre, e os cadernos para facer as nosas anotacións.



Todos isto endulzado cun biscoito de iogurt e uns suculentos bombóns que fixo para nós, con grande agarimo, Olga, sempre disposta a colaborar co que faga falla.

O tempo pasou voando (estabamos ben a gusto). Pero aínda houbo ocasión para fixar as datas para a próxima xuntanza e para facer unhas fotos. Así que os membros de Libro &Co. nos reuniremos o martes 22 de marzo; e os de Locos por los libros, o xoves 24. 

Non queremos deixar pasar a ocasión sen dar as grazas a un montón de persoas que teñen feito posible que hoxe déramos este paso:
  • Bea G., do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey de Ponteareas, polos seus bos consellos (especialmente o do biscoito de chocolate);
  • Concha e Adela, do I.E.S. República Oriental do Uruguai, por nos meter no corpo o "formiguillo" dos clubes de lectura;
  • os compañeiros e compañeiras bibliotecarios de varios colexios (C.E.I.P.s Carrasqueira, Balaídos, Illas Cíes, Carballal, Mosteiro-Bembrive, Cedeira, A Doblada) que nos proporcionaron os exemplares suficientes para levar a cabo esta actividade;
  • Montse, a profe de Inglés, por poder contar sempre con ela para estas "tolemias colectivas";
  • miña nai, por nos endulzar a vida;
  • os nosos marabillosos alumnos e alumnas de 5º de Primaria, tan entusiastas coas súas recomendacións e as súas lecturas; 
  • e, como non, Conchi e a Luz (as súas titoras) por lles inculcar ós seus alumnos e alumnas a afección e o amor pola lectura. 
Deixámosvos coas imaxes do día:



1 comentario:

Aldara dijo...

E verdade, eu estou moi ilusionada con isto do Club... Foi divertidísimo e a comida era unha gozada. O libro estaba chulo, pero non podo dicir máis porque iso averiguarase o día 22...
Ánimo ao LIBRO&CO (E a o outro grupo tamén, pero deben recoñecer que nos venceremos sexa ou non unha competición!!)
Aldara ;) [·_·] LIBRO&CO.