Como xa vimos dicindo, este curso estamos a enfocar o Día da Paz en función do noso Proxecto Documental Integrado, que se titula Un bosque para ler e navegar. Porque, como teredes adiviñado, o noso PDI toma como referencia o Ano Internacional dos Bosques, que se celebra durante este 2011 que vimos de inaugurar.
Para centrar o tema, acompañarémonos desta canción de Cómplices, titulada Está llorando el sol.
Realmente, o sol ten moitos motivos para chorar, porque, en lugar de tratar o noso entorno natural con agarimo, estamos a maltratalo.
Quizás debamos mirar con visión de futuro, a longo prazo, para decatarnos de que, realmente, a Humanidade está a facelo moi mal. Tal vez esta canción de La Unión (Hermana Tierra) nos axude:
Se vos ocurre algo? Tendes algunha iniciativa? Por pequena que sexa, seguro que, se perseveramos, faremos algo grande.
Como Wangari Maathai, unha muller keniana que chegou a ser Premio Nóbel da Paz no ano 2004 por prantar árbores nunha terra desértica.
Podemos ver a presentación que atopamos no Blog de tarefas da Escola Unitaria de Vide:
Podemos ver a presentación que atopamos no Blog de tarefas da Escola Unitaria de Vide:

No hay comentarios:
Publicar un comentario