Chamaron ó timbre, e, cando abrimos, apareceu a profe Carmen que traía da man, nada máis e nada menos, que a Carrapuchiña Vermella.
Carrapuchiña contounos que quería ser a nosa amiga, e que, de tanto ir á casa da avoa, sabía moitas cousas dos bosques que quería compartir con todos nós.
Así que quedamos en que ía vir todas as semanas ó Colexio para aprender e investigar xuntos.
Para empezar, deixounos unha mensaxe segreda, coa que descubrir quen é a súa mellor amiga no bosque.
Estamos moi ilusionados. Grazas, Carrapuchiña!

No hay comentarios:
Publicar un comentario