A obra, interpretada por Chus Álvarez e Antonio López-Rico, de Casa Hamlet, titulábase As formigas, e contaba as aventuras de dúas formigas que atopan unha suculenta merenda pousada na herba por uns excursionistas. Nalgunhas ocasións, estes insectiños esquecen compartir co seu compañeiro o botín; pero, no fondo, acaban demostrándonos que se queren.
Ademais de facernos rir a cachón, os actores souberon involucrar ó público, e mesmo a algún profe. Así, resulta que na obra apareceron uns personaxes coñecidos por nós: a carteira Nieves, o acordeonista Juan (José) Formiga e a bailarina Lía Formiga, que, no concurso Formigalia, conseguiron vencer á cantante Formiga Dorotea.
Segundo a opinión dos nosos mellores críticos, a función foi un éxito. Recollemos a opinión de Roque, de 5 anos: "de todas as cancións e obras que temos visto, esta é a mellor".
Así que... parabéns ós actores, e grazas por este agasallo.
Agora podedes comprobar que o que contamos non é mentira. E... é que... unha imaxe vale máis que mil palabras!

2 comentarios:
Moreas de bicos doces para tódol@s nen@s e profes do cole Frián, de parte de Dorotea e Indalecio, as vosas formiguiñas amigas.
Vémonos noutras Formigalias teatreiras!! :)
Muak! ♥
Moitas grazas.Pasámolo moi,pero que moi ben. Ata pronto.
Publicar un comentario