A invitación partiu de Concha Mosquera, coordinadora da Biblioteca do noso IES. Acompañáronnos Adela, encargada do Clube de Lectura do Instituto e María, Javier, Piero e Silvia, alumnos do Primeiro Curso da E.S.O.
Como seguimos co noso Proxecto Documental Integrado, o libro proposto foi Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz.
Estivo connosco, para nos contar cousas do seu país, Abdid, alumno de 4º curso da E.S.O., que chegou a mediados do curso pasado e que xa fala con corrección o español e entende perfectamente o galego.
Antes de entrar en materia, disfrutamos dunha magnífica presentación sobre un poema de Léopold Senghor, escritor e presidente do Senegal, titulado África.
Como resultou a nosa primeira experiencia, semellaba que estabamos un pouco cohibidos. Pero, o que chegou a continuación, deixounos cun grato sabor de boca, e con ganas de máis actividades deste tipo.
Primeiro, probamos o biscoito que levamos, e bebimos os refrescos cos que nos obsequiaron os nosos anfitrións.
E logo, Concha e os seus alumnos guiáronos polo Instituto adiante. Disfrutamos de espléndidos murais, e mesmo quedamos abraiados con algún experimento rápido que fixo para nós a profe de Química.
Ah! Tamén estivemos con algunha antigua alumna do noso cole, que nos saudou con entusiasmo cando se deu conta de quen eramos.
Para rematar, fixemos unha foto todos xuntos. E invitamos a María e os seus amigos a vir un día ó colexio a contar contos ós máis cativos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario