Non, non... Non nos ten dado o sol. Xa sabemos que o Día Mundial da Poesía foi o 21 de marzo, e non o 12 de abril.
Pero, como lembraredes, polo Día da Poesía propuxemos ás familias que ilustraran un poema. (Podedes lembrar a proposta premendo neste enlace).
O 12 de abril celebramos (atrasado) o Día do Internacional do Libro Infantil, coas actividades que xa vos contamos noutra nova. Para facer esa data máis senlleira, organizamos esta exposición con todos os traballos entregados.
Aquí tendes as fotos da exposición:
E neste enlace podedes disfrutar dos traballos das nosas familias. Todo un exemplo de creatividade, colaboración, e, mesmo... achegamento ás Novas Tecnoloxías!
Grazas e noraboa polos vosos magníficos traballos!

No hay comentarios:
Publicar un comentario