Como o tema resultou tan interesante, quero compartir convosco algunhas das miñas notas. Nesta ocasión, as charlas estaban enfocadas hacia as bibliotecas escolares. Pero, en realidade, son aptas, aconsellables e, diría, incluso, moi recomendables para todo o profesorado.
Manuel Area, catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Laguna, falou sobre Bibliotecas escolares e alfabetización na escola no século XIX.
O punto de partida foi clarificar o que entendemos na actualidade por persoa alfabetizada: aquel individuo que ten capacidades para acceder á cultura en calquera soporte en que esta se presente.
Que unha persoa estea alfabetizada no noso tempo esixe, polo tanto, acadar catro niveis:
- dominar a lecto-escritura (entendida en sentido tradicional);
- alfabetizarse na comunicación audiovisual (incluíndo a lectura e a produción de imaxes);
- o dominio da cultura dixital;
- a alfabetización informacional.
Unha persoa alfabetizada, na actualidad, deberá ser un individuo MULTIALFABETIZADO (é dicir, debe dominar estes catro niveis de alfabetización).
Polo tanto, como mestres, resulta imprescindible renovar o noso xeito de facer: é importante introducir tecnoloxía nas aultas, pero o realmente trascendente é cambiar o modelo educativo, e desarrollar habilidades intelectuais para dominar esa tecnoloxía e así transformar a información en coñecemento.
Catro son os principios educativos que deben guiarnos nesta tarefa:
- aprendizaxe a través da acción;
- traballo colaborativo;
- empregar múltiples fontes de información;
- construtivismo.
- búsqueda e análise da información;
- escritura e comunicación colaborativa;
- reelaboración da información en distintos tipos de documentos.

1 comentario:
Que reflexión tan acorde co momento. Toca alfabetizarse.
Publicar un comentario