Foron dúas sesións simultáneas.
A primeira, na que participaron os alumnos e alumnas de 1º e 2º A de Primaria, titulouse Qon ollo, e centrouse no conto titulado A pulga e o xigante. Despois de disfrutar do bo facer de Raquel, que é unha estupenda contacontos, a rapazada tivo que reflectir nunha lámina A3 o percorrido que, cada un deles, imaxinaba que fixera a pulga ó longo do conto.
A segunda, na que participaron as aulas de 6º e 4º B, titulouse Qnipintado. Baseouse no libro Caderno de Animalista, de Antón Fortes. Nesta ocasión, a monitora mostrounos cadros de autores famosos. A continuación, amosábanos unha nova versión da obra, na que se substituían as personaxes orixinais por animais.
Así, en O Grito, de Munch, aparecía un simio; as Bailarinas de Degas convertíronse en estilizados flamengos; un cartel de Tolousse –Lautrec no vó de cinco papagaios … O obradoiro resultou ser un paseo pola pintura dende unha perspectiva singular: o reino animal.
Despois, o noso traballo consistiu en versionar (en grupos) unha obra de arte sobre fondos dados, Así, uns pintamos obxectos reais e creamos cadros surrealistas; outros, coloreamos unha mesma imaxe de seis xeitos diferentes, obtendo un auténtico cadro pop-art ó estilo de Andy Warhol.
Unha bonita maneira de aprender a mirar un cadro doutro xeito, e a disfrutar da pintura.


No hay comentarios:
Publicar un comentario