GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 27 de marzo de 2010

24 de MARZO: DÍA MUNDIAL CONTRA A TUBERCULOSIS


Con tantas actividades como temos tido estes últimos días do mes de marzo ténsenos esquecido esta data: o Día Mundial contra a Tuberculose.

Estamos todos no mesmo "círculo vicioso". Temos a nosa mente demasiado ocupada. Como lembrarnos dunha enfermidade que apenas ten incidencia en Europa? Sen embargo, a tuberculose ocasiona miles de víctimas nos países en vías de desenvolvemento. Trátase, pois, doutra enfermidade "esquecida", doutras víctimas "invisibles".

Nesta data en que lembramos o descubremento do bacilo da tuberculose polo doutor Robert Koch (o 24 de marzo de 1882) unha ONG tan pouco sospeitosa como Médicos sen Fronteiras achéganos esta información para concienciarnos sobre o problema.


Agora xa non temos argumentos para dicir que non estamos informados!


No hay comentarios: