GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 2 de abril de 2011

A NOSA PARTICULAR HOMENAXE A NEIRA VILAS NO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Como xa vos anunciamos, o venres día 1 de abril celebramos o Día Internacional do Libro Infantil cunha homenaxe a Neira Vilas

Primeiro, proxectamos o Manifesto titulado O libro lembra, redactado pola escritora estoniana Aino Pervik para a ocasión. (Podedes lembralo neste enlace).

Logo, segundo o programado, visionamos unha entrevista a Neira Vilas realizada polo C.P.I. dos Dices.

Por último, a totalidade da Comunidade Educativa contribuiu á lectura conxunta do libro Memorias dun neno labrego. Aquí vos deixamos cos vídeos. Son todos os que están, pero non están todos os que son. Cousas dos trasnos, que andaron a xogar coa cámara!




Esta é a reportaxe fotográfica do día:




Tamén queremos mostrarvos o traballo elaborado polos equipos de Normalización Lingüística e TICS sobre este libro: un pequeno resume con actividades LIM para coñecer mellor esta obra a achegala ós máis cativos. Seguro que podedes sacarlle moito partido!


1 comentario:

Dept.Biblioteca dijo...

Parabens, encántame o LIM, podedes mandarme o embed? Gustaría de colgalo no noso blog co voso permiso.Anxos do IES de POIO.