GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 22 de abril de 2011

23 de abril: DÍA DO LIBRO E DA ROSA

MOBANGO - Compartiendo archivos móviles
Este 23 de abril celebramos o Día do Libro lembrando ós nosos compañeiros e compañeiras de Agrupación ARCE.

Aínda que este ano, por coincidir coas vacacións de Semana Santa, celebraremos o Día do Libro o vindeiro venres 29, non queremos deixar pasar a data sen nos referir a dous personaxes moi significativos para os nosos compañeiros de aventura. 

Efectivamente, o 23 de abril, segundo o Santoral, é o Día de San Jordi, patrón de Cataluña. Conta a lenda que este cabaleiro mostrou grande valor para salvar a unha princesa das garras dun dragón que tiña aterrorizado ó seu pobo. Cando San Xurxo (Jordi en catalán, Jorge en castelán, George en inglés) clavou a súa espada no corpo do dragón, do seu sangue naceu un rosal de rosas vermellas. (Para saber máis sobre esta lenda, preme neste enlace).

San Xurxo entregou á princesa un ramo destas flores.

Aquí tendes un simpático vídeo sobre esta historia. Os personaxes están elaborados con plastilina.




Dende o século XV, en Barcelona, celébrase a Fira de Roses (la Feria de Rosas). Os homes agasallan ás súas amadas cunha rosa vermella, en prenda do seu amor. Dende 1925, en Cataluña celébrase o Día do Libro. As mulleres obsequian ós seus homes cun libro.

Partindo desta iniciativa xurdida en Cataluña, a UNESCO instituiu, en 1995, o Día Internacional do Libro, que se ven celebrando en todo o mundo dende o 23 de abril de 1996. Esta data ten sido elixida, ademais, porque o 23 de abril de 1616 morreron tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso.

Aproveitamos, pois, esta data, para nos lembrar dos nosos compañeiros e compañeiras da Escola Joan Rebull de Reus. Achegámonos á súa lingua e ás súas tradicións con este conto interactivo que temos atopado na Internet e que, aínda que en catalán, seguro que entendemos perfectamente.



O outro personaxe do día, Miguel de Cervantes, transpórtanos a Alcázar de San Juan (Ciudad Real), localidade da Mancha na que se ten atopado a partida de nacemento do famoso escritor. Alí están os nosos amigos e amigas do Colegio Público Jardín de Arena.

Se premedes na seguinte imaxe, enlazaredes cunha biografía moi sinxela para nenos.


E para que os máis cativos coñezan un pouquiño máis sobre don Quijote, o máis famoso personaxe de Cervantes, deixámosvos con este material interactivo que temos coñecido de xeito casual. Nel aparecen resumes dalgúns capítulos e actividades en rede que seguro, seguro, farán as delicias dos nosos alumnos e alumnas. 



No hay comentarios: