Como homenaxe ós nosos amigos e amigas do Proxecto ARCE, que tan boa acollida nos deron durante o mes de novembro, quixemos falar sobre Gaspar de Jovellanos, e descubrimos... que este ano 2011 se celebra o Bicentenario da súa morte!
Jovellanos naceu en Gijón, no seno dunha familia nobre, no ano 1744, e morreu en 1811. Foi un importante escritor, jurista e político. Estaba influenciado polas ideas da Ilustración, tan de moda en Europa durante o século XVIII.
Se lembrades, hai dous cursos celebramos o Bicentenario da Reconquista de Vigo ós franceses. Precisamente, Jovellanos viviu nesa época, e foi, polo tanto, contemporáneo de Napoleón.
Como político ilustrado, Jovellanos contribuiu á modernización de España, especialmente no tocante á reforma agraria.
Para saber máis sobre Jovellanos, podedes ler esta Biografía en cómic elaborado polos alumnos e alumnas do I.E.S. Emilio Alarcos de Gijón:
Para comprender en que consistiu o movemento ilustrado, podedes disfrutar deste vídeo:
Para coñecer como era a vida en Europa durante o século XVIII e pasar un rato divertido, tendes aquí o capítulo titulado O século das luces, da famosa serie de animación Érase una vez el hombre.

No hay comentarios:
Publicar un comentario