GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 7 de mayo de 2015

VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL


Un mar de linguas. 

Xa estamos, coma quen di, rematando o curso. E é hora de pensar na nosa Festa Fin de Proxecto.

Unha das actividades de máis tradición durante a festa é o Concurso de Fotografía Dixital, que este ano celebra a súa oitava edición.

Como xa sabedes, os obxectivos deste Concurso son:
  • facer partícipe a toda a Comunidade Educativa das actividades propostas polo Centro; 
  • fomentar entre as familias o uso das Novas Tecnoloxías.

As  BASES do concurso deste ano son: 
    • O tema proposto é Un mar de linguas.
    • prazo para entregar as vosas fotografías remata o luns 25 de maio de 2015.
    • Cada participante acompañará a súa fotografía dun lema.
    • Forma de entrega: A través do correo electrónico, á dirección:
biblioteca@ceipfrianteis.com

  • No correo electrónico incluirase: nome do autor ou familia - curso - lema
  • As fotografías enviadas formarán parte dunha presentación no blog da Biblioteca, onde poderán ser votadas polos internautas. 
  • Os membros do Equipo de Biblioteca aportarán o "voto de calidade", tendo en conta a opinión dos internautas. 
  • A fotografía gañadora servirá para deseñar un cartel publicitario que se exhibirá durante a Festa que organizaremos o día 2 de xuño. 

Esperamos as vosas imaxes...!

No hay comentarios: