GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 13 de mayo de 2015

INTERCAMBIO INTERXERACIONAL


Con moita presenza feminina.

Iso foi o que ocurríu o pasado 30 de abril no noso cole.

Onda nós achegáronse once alumnas de Bacharelato e dúas profes do noso IES, o República Oriental do Uruguai. Todas elas, membros do clube de lectura. E entre elas poidemos descubrir a unha nai e a varias antigas alumnas.

Pois, como iamos dicindo, o día 30, ben cedo, achegáronse todas elas ó colexio para contar ó alumnado de Infantil dous contos: Garavanciño e A casa da mosca chosca.

Como veredes nas imaxes, a rapazada estivo encantada e moi atenta. E, ó rematar o conto, pasou ás súas aulas para facer diversas actividades que as chicas do Instituto traían preparadas.

Tras o "traballo", o agasallo. Xuntámonos todas na Sala de Mestres a picar algo. E alí charlamos un ratiño sobre as expectativas de futuro. Encantounos escoitar que, entre todas estas chicas (algunhas das cales corrían non hai moito polo noso patio), haberá futuras mestras, actrices, veterinarias, farmacéuticas... Todo un orgullo!

Moitas grazas, chicas, por compartir connosco o voso tempo. Que teñades un futuro brillante e feliz!


No hay comentarios: