... unha mensaxe inesperada.
A través da conta de correo do colexio chegou ata nós esta mensaxe de Xosé Luna Sanmartín:
Ola mestres e alumnos do CEIP Frian de Teis... póñome en contacto convosco para dicirvos que me gustou moito a interpretación do Rap Rosaliano un beixo d´amor...
Desde A Estrada ata ao solpor... versos, bicos e amor...
Fico ao voso dispor para cantalo xuntos e para falar de poesía
Mil grazas e mil parabéns
Como xa teredes adiviñado, Xosé Luna Sanmartín é poeta. Autor dun precioso libro de poemas que gardamos coma un tesouro na nosa biblioteca: O libro dos bicos.
O poema ó que se refire (Rap Rosaliano un beixo d'amor) foi interpretado por un grupo de alumnos bibliotecarios para celebrar o Día de Rosalía.
Pois, Xosé...! Moitas grazas a ti por este agasallo sorpresa, e por encher o mundo de poesía!

No hay comentarios:
Publicar un comentario