GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 20 de mayo de 2015

UN EMPRÉSTITO CON FORMACIÓN DE USUARIOS INCLUÍDA



En Educación Infantil.

Esta mañán sorprendimos ós nenos e nenas de 5 anos B facendo os seus empréstitos na Biblioteca. Sen embargo, o curioso non foi que levaran os libros, senon o traballo de Formación de Usuarios que conlevaba o empréstito. Mirade se non:

      • un neno dicía quen ía escoller libro. Para iso lía o nome no carnet que o profe lle entregaba; 
      • o profe daba unha orde: escoller un libro coa pegatina... (casiña, fada, letras e números), o número (55, 81 ou 82) e que estea no caixón coa letra...;
      • o neno localizaba o dito caixón, e elixía un libro; 
      • por último, metía o carnet dentro e lía o título para os compañeiros. 



Pois iso: que calquera momento da cotidineidade é bó para traballar a Formación de Usuarios. 

No hay comentarios: