GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 3 de mayo de 2015

ULTIMANDO A II QUEDADA LITERARIA



No noso cole.

O pasado martes 28 de abril recibimos a visita de Marta Souto (do Servizo de Normalización Lingüística do Concello), de Antonio Fernández (a "alma mater" da nosa Quedada), de Ángel (da Biblioteca Municipal Neira Vilas) e de mestres representando ós CEIP O Pombal, Ría de Vigo, A Carrasqueira, Emilia Pardo Bazán, máis o IES do Castro.

Despois de axustar os aspectos pendentes para a nosa xuntanza do vindeiro 14 de maio, compartimos o café preparado polas profes Luz, Elisa e Montse.



Grazas, compañeiros, por nos visitar!

No hay comentarios: