En 6º curso de Primaria.
Este curso, o alumnado de 6º de Primaria estivo a ler A expedición do Pacífico, de Marilar Aleixandre. Ademais de disfrutar da súa lectura, esta obra deu pé para traballar numerosos aspectos vencellados co noso PDI deste curso, Un mar de linguas.
A visita da autora foi a culminación dun curso de traballo. Lía, unha das nosas alumnas de 6º, fixo de periodista e nos enviou esta crónica sobre o encontro:
Onte, día 12 de maio de 2015, fíxonos unha gran visita Marilar Aleixandre, a autora de A Expedición do Pacífico, un libro que están lendo os alumnos de 6º.
O primeiro que víu Marilar foi o gran mapa feito polos nenos de 6º, que mostraba o percorrido da expedición, dende España, pasando polas Illas Canarias, Cabo Verde e a maioría de Latinoamérica.
Marilar explicounos por que dicidíu escribir este libro. A razón foi porque unha amiga súa encontrou unha documentación da verdadeira expedición do Pacífico; ela interesouse e decidíu ler esa documentación. Tamén encontraron varias fotografías, cousa que non é normal para o tempo que era, xa que falamos do século XIX. Unha desas fotografías é a que está na portada do libro.
Tamén lle fixemos preguntas, como, por exemplo, cando escribira este libro. Ela contestounos que esta obra xa ten máis de vinte anos, cousa que non esperabamos. Tamén lle preguntamos se pensaba escribir unha continuación, cousa que nos gustaría moito. Díxonos que ó mellor o facía, desta ou doutra expedición calquera.
Por último, leunos uns poemas escritos por ela. Pertencen a un libro infantil, aínda que nos contou que ela non fai libros pensando nas idades. Simplemente, os fai. E a idade pona a editorial. De todos os xeitos, encantáronnos todas as poesías que leu. Ogallá este libro estea na Biblioteca do colexio. Seguramente moitos dos nenos que asistiron á charla quererán lelo.
Grazas, Marilar!


No hay comentarios:
Publicar un comentario