Exposición oral dos alumnos de 4º A sobre o seu tema de investigación.
GRAZAS!
A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.
Para vós, para sempre: GRAZAS!
domingo, 31 de mayo de 2015
sábado, 30 de mayo de 2015
CELEBRANDO O DÍA DOS MUSEOS
Na Tarde de Contos.
O luns 18 de maio celebrouse a última sesión das Tardes de Conto por este curso. Nesta ocasión, a contadora foi Ana, a nai de Iván (5 anos B), quen nos contou O Cadro máis bonito do mundo. Unha historia que viña moi a pelo, xa que o día 18 de maio se celebra o Día Internacional dos Museos.
Coma sempre, despois do conto, obradoiro.
Grazas, Ana, por te achegar onda nós. E grazas a todas as mamás que, semana a semana, colaboran organizando as Tardes de Conto.
viernes, 29 de mayo de 2015
FENICIA
Vista polo alumnado de 1º A.
Os chicos e chicas de 1º A estiveron a investigar este curso sobre os fenicios. Aquí tendes o traballo que elaboraron.
Imaxe: Head man Carthage Louvre AO3783, de Desconocido - Jastrow (2005). Disponible bajo la licencia Dominio público vía Wikimedia Commons.
jueves, 28 de mayo de 2015
II QUEDADA LITERARIA
Despois dun intento fallido por mór do tempo, hoxe, por fin, celebramos a nosa II Quedada Literaria. Acudimos alí os CEIP O Pombal, Ría de Vigo, Carrasqueira, Emilia Pardo Bazán e Frian - Teis. E un grupo de alumnos do IES O Castro, que contaron contos para os máis cativos. E tamén estiveron connosco Ánxel (da Biblioteca Municipal Neira Vilas), Martan Souto (de Normalización Lingüística) e Antonio Fernández, o "alma mater" desta movida.
O CEIP Frian acudíu con dous grupos de alumnos: os nenos e nenas de 4 anos B e os alumnos bibliotecarios de 5º e 6º cursos de Primaria.
Os peques estivemos de escoitadores: os mozos e mozas do IES O Castro contáronnos tres historias: A pitiña roxa, A cebra Camila e A que sabe a lúa? Resultou entrañable a boa amistade que estableceron cos maiores. Para lembrar este intre tan emotivo fixemos intercambio de marcapáxinas. E, ademais, agasalláronnos cun exemplar de A que sabe a lúa? e coas caretas dos personaxes.
Os maiores compartiron lecturas cos rapaces do CEIP Ría de Vigo. Tras un momento de lectura individual recomendáronse lecturas en galego.
A merenda (como en toda excursión que se precie) foi un momento esperado. Tamén servíu para reforzar as novas amistades.
Ás 12 da mañán estabamos xa no interior do pazo, máis aló da pista de tenis. Acudíu a darnos a benvida o alcalde. E logo, cada centro fixo un pequeno recitado. Os nosos representantes foron os alumnos bibliotecarios, que bailaron O Pirata Metepata.
E para rematar, Baobab Teatro, con Andrea (ea, ea, ea) e Roque, fixeron as delicias de todos, grandes de pequenos.
Neste enlace podedes ver máis imaxes.
SIR FRANCIS DRAKE
O alumnado de 6º A estivo a investigar este curso sobre un dos máis famosos piratas de todos os tempos: Sir Francis Drake. Aínda que pareza ficción, este personaxe estivo aquí, na nosa ría, alá polo século XVI. Seguide atentamente o discurso dos rapaces, para coñecer todo sobre el.
miércoles, 27 de mayo de 2015
OS FENICIOS
O traballo de 1º B.
Os alumnos e alumnas de 1º B estiveron a investigar todo o curso sobre os fenicios. Aprenderon moitísimas cousas sobre eles. Aquí tendes un resumo delas.
Imaxe: Some Phoenician. Antiga moeda fenicia. Licenciado baixo Domínio público, via Wikimedia Commons.
O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA
O alumnado de 4º A infórmannos sobre Cristóbal Colón, o Descubrimento de América e a chegada da nova a Europa.
martes, 26 de mayo de 2015
A VOTAR...!
Cumprido o prazo para presentar as fotos do noso Concurso de Fotografía Dixital, presentámosvos novamente o álbume e o formulario para votar a vosa favorita. Non deixedes de votar!
E facédeo antes do luns 1 de xuño!
(Preme no bocadillo para coñecer o título da foto).
lunes, 25 de mayo de 2015
LEMBRANDO OS MAIOS
Cun pouco de retraso, damos conta da Festa dos Maios que se celebrou o pasado día 9 no Parque da Riouxa.
Coma sempre, a nosa ANPA estivo puntual, deseñando e transportando o maio (sempre en relación co tema do noso PDI) e entonando as coplas creadas polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Aquí vos deixamos as imaxes do día, ordeadas cronolóxicamente. Dende o colexio... ata a Riouxa!
domingo, 24 de mayo de 2015
FERMOSAS IMAXES PARA O NOSO CONCURSO
Fermosas... e poéticas!
O mar evoca cálidas postas de sol, a forza descomunal da natureza, a crudeza do traballo, a poética da vida... Esta soleada fin de semana animou ás nosas familias a tomar instantáneas dese mar que todos os galegos temos como compañeiro. Aquí tendes este precioso acio de imaxes. Difícil a elección, non credes...?
Lembrade que o prazo de presentación de imaxes remata mañán, día 25 de maio. Aínda podedes engadir a vosa...!
sábado, 23 de mayo de 2015
OS VIKINGOS
Cos nenos e nenas de 2º A.
Non sabedes quen eran os vikingos? Se estades atentos, os chicos e chicas de 2º A informaranvos sobre os aspectos principais deste pobo que chegou ata as nosas costas alá polo século VIII.
A EMIGRACIÓN
Despois de investigar sobre a emigración, os rapaces e rapazas de 5º B expoñen oralmente os resultados do seu traballo.
Imaxe: Underwood & Underwood. Library of Congress. Emigrantes suecos embarcando en Gotemburgo en 1905 con destino a los Estados Unidos. Dominio Público. En Wikipedia.
OS ROMANOS EN GALLAECIA
Despois de investigar sobre a presenza dos romanos na nosa terra, os alumnos e alumnas de 3º B expoñen oralmente o que aprenderon.
Imaxe: Gerardus Mercator [Public domain], via Wikimedia Commons.
OS VIKINGOS
Os rapaces e rapazas de 2º A, despois de investigar, teñen elaborado este traballo.
Imaxe: Manuel Fouce. Barcos vikingos (Catoira). En Flickr. CC BY.
DE PERISCOPIOS E SUBMARINOS
Cos alumnos de 6º B.
Este curso, o alumnado de 6º B ten traballado sobre a presenza dos submarinos alemáns na Ría de Vigo. Aproveitando a recente presenza dun submarino alemán no noso porto, este alumnado ten traballado sobre esta nova, elaborando titulares ou resumos sobre a mesma. Ademais, teñen creado periscopios, cos que organizaron unha exposición nos pasillos do colexio. Aquí vos deixamos toda a información.
viernes, 22 de mayo de 2015
OS SUBMARINOS ALEMÁNS NA RÍA DE VIGO
Cando en Vigo se falaba alemán.
O alumnado de 6º B expón a súa investigación sobre o volframio e os submarinos alemáns na Segunda Guerra Mundial.
VISITA TEATRALIZADA NO MEIRANDE
Segundo recollemos no Facebook, mañán teredes ocasión de disfrutar das visitas teatralizadas ó Meirande. Un bo xeito de achegarse á Batalla de Rande.
Esta é a información que temos atopado:
O MUSEO DE MEIRANDE (AULA DE INTERPRETACIÓN DA BATALLA DE RANDE) CONVÍDAVOS A ESTA VISITA TEATRALIZADA
Os pases son ás: 16.30; 17.15; 18.00 e 18.45.
A entrada é de balde, pero cómpre facer as reservas no teléf.: 986 45 88 91 ou no correo electrónico museomeirande@redondela.es
AGARDAMOS A VOSA VISITA!
Os pases son ás: 16.30; 17.15; 18.00 e 18.45.
A entrada é de balde, pero cómpre facer as reservas no teléf.: 986 45 88 91 ou no correo electrónico museomeirande@redondela.es
AGARDAMOS A VOSA VISITA!
A BATALLA DE RANDE
O alumnado de 5º A estivo a investigar sobre a Batalla de Rande. Neste vídeo explícannos as circunstancias que deron lugar a este acontecemento tan senlleiro na nosa Ría, e que tanta literatura ten xerado.
Imaxe: Unknown. Battle of Vigo bay october 23 1702. Licensed under Public Domain viaWikimedia Commons.
jueves, 21 de mayo de 2015
PRIMEIRA FOTO DO NOSO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL
A participar!
Xa chegou a primeira foto participante no noso Concurso de Fotografía Dixital. Pero non pode ser a última. Así que... animádevos a participar! O prazo remata o luns día 25.
ROMA...
Exposición oral dos alumnos e alumnas de 3º A sobre o seu tema de investigación: Os romanos.
INVESTIGANDO SOBRE BENITO SOTO ABOAL
En Educación Infantil.
Os nenos e nenas de Educación Infantil estiveron a traballar este curso sobre este pirata galego. Este é o froito do seu traballo.
Imaxe:By Zumalakarregi Museoa. CC BY-SA 3.0, via Wikimedia Commons
miércoles, 20 de mayo de 2015
UN EMPRÉSTITO CON FORMACIÓN DE USUARIOS INCLUÍDA
Esta mañán sorprendimos ós nenos e nenas de 5 anos B facendo os seus empréstitos na Biblioteca. Sen embargo, o curioso non foi que levaran os libros, senon o traballo de Formación de Usuarios que conlevaba o empréstito. Mirade se non:
- un neno dicía quen ía escoller libro. Para iso lía o nome no carnet que o profe lle entregaba;
- o profe daba unha orde: escoller un libro coa pegatina... (casiña, fada, letras e números), o número (55, 81 ou 82) e que estea no caixón coa letra...;
- o neno localizaba o dito caixón, e elixía un libro;
- por último, metía o carnet dentro e lía o título para os compañeiros.
Pois iso: que calquera momento da cotidineidade é bó para traballar a Formación de Usuarios.
CREANDO UN FINAL
Nas Tardes de Conto.
Na Tarde de Contos do pasado xoves 7 de maio, os participantes adicáronse a crear finais para un conto inconcluso. O conto titulábase E que pasou despois?, e estaba realizado con figuras de origami.
A contadora foi a profe de Manualidades. E cal foi a técnica para inventar o final...? Moi sinxelo. Tirábase un fío ós espectadores; quen o agarrara inventaba o final.
Para rematar a tarde, como non: Obradoiro de origami.
lunes, 18 de mayo de 2015
UNHA MAÑÁN CON FINA
Este curso, en 4º de Primaria están a ler un precioso libro escrito por Fina Casalderrey: Dúas bágoas por Máquina. Unha lectura que da moito para pensar e para sensibilizarse cos animais e coas persoas anciás. Por iso, o venres pasado achegouse onda nós a autora. O profe Victorio fíxonos a reseña deste día.
O 14 de maio, o alumnado de 4º recibimos a visita de Fina Casalderrey. Contounos moitas cousas. Explicounos que as palabras teñen máis forza ca nós. Díxonos que nunca deixáranos de ler. Que se non fora polos nenos e as nenas que len non habería escritores.
Por último, púxonos unha dedicatoria distinta a cada neno e nena no noso libro, e outra no libro de visitantes do colexio.
E aquí vos deixamos as fotos desta agradable xornada.
domingo, 17 de mayo de 2015
UNHA VIAXE NO TEMPO
Para celebrar o Día das Letras Galegas propuxemos a todas as aulas unha viaxe no tempo. Nesta ocasión, Frianciño achegouse ata o Museo de Pontevedra (institución impulsada polo homenaxado deste ano, Filgueira Valverde), onde atopou unha extraña máquina.
Ó meterse nela, comezaba unha viaxe que o levaba a unha época histórica diferente.
Reunidos no Salón de Actos, cada aula foi lendo a súa historia. Aquí vos deixamos un vídeo co inicio da aventura e a lectura dos máis pequenos.
E mentras preparamos o compendio dos textos creados, deixámosvos con algunhas imaxes da xornada.
sábado, 16 de mayo de 2015
FALANDO DOS VIKINGOS
En 2º B.
Despois de elaborar os seus traballos, os nenos e nenas de 2º B fan a exposición oral sobre os vikingos. Estade ben atentos!
viernes, 15 de mayo de 2015
PERDEUSE UN PIRATA
Este é o título do poema que os nenos e nenas de 3 anos A recitaron no seu Venres de Viva Voz. Con eles, esta actividade se despide ata o vindeiro curso.
ENCONTRO CON MARILAR ALEIXANDRE
En 6º curso de Primaria.
Este curso, o alumnado de 6º de Primaria estivo a ler A expedición do Pacífico, de Marilar Aleixandre. Ademais de disfrutar da súa lectura, esta obra deu pé para traballar numerosos aspectos vencellados co noso PDI deste curso, Un mar de linguas.
A visita da autora foi a culminación dun curso de traballo. Lía, unha das nosas alumnas de 6º, fixo de periodista e nos enviou esta crónica sobre o encontro:
Onte, día 12 de maio de 2015, fíxonos unha gran visita Marilar Aleixandre, a autora de A Expedición do Pacífico, un libro que están lendo os alumnos de 6º.
O primeiro que víu Marilar foi o gran mapa feito polos nenos de 6º, que mostraba o percorrido da expedición, dende España, pasando polas Illas Canarias, Cabo Verde e a maioría de Latinoamérica.
Marilar explicounos por que dicidíu escribir este libro. A razón foi porque unha amiga súa encontrou unha documentación da verdadeira expedición do Pacífico; ela interesouse e decidíu ler esa documentación. Tamén encontraron varias fotografías, cousa que non é normal para o tempo que era, xa que falamos do século XIX. Unha desas fotografías é a que está na portada do libro.
Tamén lle fixemos preguntas, como, por exemplo, cando escribira este libro. Ela contestounos que esta obra xa ten máis de vinte anos, cousa que non esperabamos. Tamén lle preguntamos se pensaba escribir unha continuación, cousa que nos gustaría moito. Díxonos que ó mellor o facía, desta ou doutra expedición calquera.
Por último, leunos uns poemas escritos por ela. Pertencen a un libro infantil, aínda que nos contou que ela non fai libros pensando nas idades. Simplemente, os fai. E a idade pona a editorial. De todos os xeitos, encantáronnos todas as poesías que leu. Ogallá este libro estea na Biblioteca do colexio. Seguramente moitos dos nenos que asistiron á charla quererán lelo.
Grazas, Marilar!
LIM SOBRE UNHA LECTURA
A expedición do Pacífico.
Creado polo profesorado que imparte Coñecemento do Medio en 6º curso de Primaria.
RECITANDO EN 1º A
Para o seu Venres de Viva Voz, os nenos e nenas de 1º A recitaron este poema titulado A sardiña.
Imaxe: Roberto Pillon. CC BY 3.0, via Wikimedia Commons.
jueves, 14 de mayo de 2015
O PIRATA DRAKE NA RIA DE VIGO
Os rapaces e rapazas de 6º A estiveron a traballar sobre as visitas que, alá polo século XVII, realizou o pirata Drake á Ría de Vigo. O seu traballo custou. Pero, ó final, quedou un traballo moi decente.
Imaxe: Henry Bone. Francis Drake. En Wikipedia. Dominio público.
OS VIKINGOS
O traballo dos alumnos de 2º B.
Tras investigar todo o curso sobre os vikingos, os nenos e nenas de 2º B realizaron este traballo.
OS ROMANOS
Os nenos e nenas de 3º A estiveron a investigar todo o curso sobre os romanos. Aquí tendes o seu traballo.
miércoles, 13 de mayo de 2015
AS NOVAS DO 5 ó 8 DE MAIO
E para rematar a nosa pesquisa na prensa por este curso, tocoulles o turno ós nenos e nenas de 3 anos B. Estes son os titulares que escolleron para a semana do 5 ó 8 de maio.
INTERCAMBIO INTERXERACIONAL
Con moita presenza feminina.
Iso foi o que ocurríu o pasado 30 de abril no noso cole.
Onda nós achegáronse once alumnas de Bacharelato e dúas profes do noso IES, o República Oriental do Uruguai. Todas elas, membros do clube de lectura. E entre elas poidemos descubrir a unha nai e a varias antigas alumnas.
Pois, como iamos dicindo, o día 30, ben cedo, achegáronse todas elas ó colexio para contar ó alumnado de Infantil dous contos: Garavanciño e A casa da mosca chosca.
Como veredes nas imaxes, a rapazada estivo encantada e moi atenta. E, ó rematar o conto, pasou ás súas aulas para facer diversas actividades que as chicas do Instituto traían preparadas.
Tras o "traballo", o agasallo. Xuntámonos todas na Sala de Mestres a picar algo. E alí charlamos un ratiño sobre as expectativas de futuro. Encantounos escoitar que, entre todas estas chicas (algunhas das cales corrían non hai moito polo noso patio), haberá futuras mestras, actrices, veterinarias, farmacéuticas... Todo un orgullo!
Moitas grazas, chicas, por compartir connosco o voso tempo. Que teñades un futuro brillante e feliz!
PREPARANDO O DÍA DA NAI
Nas Tardes de Conto.
A Tarde de Contos do pasado xoves 30 de abril foi moi especial. Poidemos comprobar que as nosas contadoras son cada vez máis novas: Uxía (5º A) e Noa (3º A) acompañaron a Rebeca (a nai de Luamy). E despois da "contada", unha fermosa manualidade para mamá: botes de sal.
martes, 12 de mayo de 2015
OS ROMANOS
Os chicos e chicas de 3º B levan todo o curso investigando sobre os romanos. Este é o traballo que elaboraron entre todos:
A EMIGRACIÓN DENDE O PORTO DE VIGO
Cos alumnos e alumnas de 5º B.
O porto de Vigo sempre tivo moita puxanza coma porto pesquero. Na actualidade, moitos trasatlánticos adoitan facer escalas para coñecer as nosas terras. Pero ata non hai moitos anos (50 ou 60), Vigo era un dos portos nos que os emigrantes con destino a Sudamérica se embarcaban para poder ter unha vida mellor.
Sobre estes movementos migratorios estiveron a investigar os chicos e chicas de 5º B.
Imaxe: En Wikipedia. Uploaded from http://flickr.com/photo/97524111@N00/224416203 using Flickr upload bot
lunes, 11 de mayo de 2015
INVESTIGANDO SOBRE A BATALLA DE RANDE
En 5º A.
Os chicos e chicas e 5º A trasladáronse ó século XVIII para coñecer todos os segredos da Batalla de Rande. Aquí tendes algúns exemplos dos traballos que produciron.
viernes, 8 de mayo de 2015
A HISTORIA DO LORO BARTOLO
Os nenos e nenas de 3 anos B cóntannos, no seu Venres de Viva Voz, a Historia do Loro Bartolo, inventado pola súa mestra Mónica.
Prometen!
XOGOS DE MANS
No Venres de Viva Voz.
Os nenos e nenas de 1º B adicáronse, no seu Venres de Viva Voz, a cantar e xogar coas mans. Como veredes, son moi habilidosos.
jueves, 7 de mayo de 2015
VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL
Xa estamos, coma quen di, rematando o curso. E é hora de pensar na nosa Festa Fin de Proxecto.
Unha das actividades de máis tradición durante a festa é o Concurso de Fotografía Dixital, que este ano celebra a súa oitava edición.
Como xa sabedes, os obxectivos deste Concurso son:
- facer partícipe a toda a Comunidade Educativa das actividades propostas polo Centro;
- fomentar entre as familias o uso das Novas Tecnoloxías.
As BASES do concurso deste ano son:
- O tema proposto é Un mar de linguas.
- O prazo para entregar as vosas fotografías remata o luns 25 de maio de 2015.
- Cada participante acompañará a súa fotografía dun lema.
- Forma de entrega: A través do correo electrónico, á dirección:
biblioteca@ceipfrianteis.com
- No correo electrónico incluirase: nome do autor ou familia - curso - lema.
- As fotografías enviadas formarán parte dunha presentación no blog da Biblioteca, onde poderán ser votadas polos internautas.
- Os membros do Equipo de Biblioteca aportarán o "voto de calidade", tendo en conta a opinión dos internautas.
- A fotografía gañadora servirá para deseñar un cartel publicitario que se exhibirá durante a Festa que organizaremos o día 2 de xuño.
Esperamos as vosas imaxes...!
miércoles, 6 de mayo de 2015
INVESTIGANDO SOBRE COLÓN E A CARABELA PINTA
Os rapaces e rapazas de 4º B estiveron a investigar sobre a carabela Pinta, chegada a Baiona despois de descubrir o Novo Mundo.
Aquí temos unha escolma dos traballos entregados:
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)










































