O Pirata Barbatola!
A semana pasada
apareceu o cole empapelado con carteis con este texto:
BÚSCASE A BENITO SOTO
ABOAL POR PIRATERÍA
Esta semana
estabamos un pouco intrigados a ver que ía pasar, e... cal foi a nosa
sorpresa! O día que cada grupo de Infantil tiña que subir á
biblioteca, aparecía na porta da súa aula unha botella con esta mensaxe:
Ola
nenos e nenas de Frian!
Ando
buscando a Benito Soto Aboal por piratería. Benito é o meu maior
inimigo.
Subide
á biblioteca, e alí podedes saber mais cousas de min.
Déixovos
unha sorpresa no cofre.
O
pirata Barbatola
Mira por onde descubrimos que quen andaba buscando a Benito Soto era... o seu maior inimigo! O pirata Bartatola!
Subimos á
biblioteca e alí estaba preparado o vídeo dun conto moi
especial. Narra a historia de como o pirata Barbatola chegou a
Frian. Fíxoo da man de Bob Esponxa, que o ano pasado veu de
vacacións ó oceáno Atlántico. (Se lembrades, o curso pasado o noso proxecto titulabase A lingua sabe
a mar. E nós investigamos todos os animais da nosa ría. Bob decidíu vir
aquí de vacacións porque se decatou de que non é un lugar perigoso).
Vistes o atentos que estabamos ó vídeo...? Pois agora deixámosvos con el, para que tamén disfrutedes vós.
Despois de ver o conto, buscamos a sorpresa que había dentro do cofre, e atopamos a seguinte carta:
Este son eu, o pirata Barbatola. Si queredes convertiros en piratas, tedes que seguir tres regras:
1.- Elixir unha cor para a miña barba.
2.- Pintar o meu retrato.
3.- Pegalo na porta da vosa clase.
Se cumprides estas tres regras, a vosa clase pasa a ser a clase dos piratas Barba……..
Teredes máis novas miñas outro día.
Adeusssssss
Seguimos as instrucións de Barbatola, e cada aula elixíu unha cor para a barba do seu pirata, quedando deste xeito:
- 3 anos A é a clase do pirata Barbamarela.
- 3 anos B é a clase do pirata Barbazul.
- 4 anos A é a clase do pirata Barbaverde.
- 4 anos B é a clase do pirata Barbanegra.
- 5 anos A é a clase do pirata Barbavermella.
- 5 anos B é a clase do pirata Barbarrosa.
Imos pintar o noso pirata, e despois pegarémolo na porta da aula para identificarnos.
Continuaremos coa nosa historia pirata...

No hay comentarios:
Publicar un comentario