GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 1 de marzo de 2015

HOMENAXE A ROSALÍA


Pra Habana.

Este curso estamos a traballar no noso cole sobre o PDI Un mar de linguas. Un dos temas que nos está a dar máis xogo é o da emigración. E, como non, Rosalía non podía ser allea a aquela realidade que, na súa época, baleiraba as aldeas de xente nova que buscaba un futuro mellor alén do mar.

Pra Habana, un dos poemas de Follas Novas, reflicte todos os estadios polos que pasa o emigrante: a pobreza, a esperanza, o medo, a morriña, o éxito, o fracaso... Sacar a relucir todos estes sentimentos era o obxectivo do noso traballo.

Así que dividimos este extenso poema entre todos os grupos do colexio. Cada un debía analizar o seu fragmento (contextualizado no conxunto do poema) e identificar o tema principal. Con esta palabra chave, buscaron na Internet imaxes libres de dereitos que poideran simbolizar esas palabras.

Cinco dos nosos alumnos bibliotecarios recitaron cadanseu fragmento. E, con todos estes elementos, e unha fermosa música libre de dereitos, creamos o noso vídeo - homenaxe a Rosalía deste ano 2015.

Esperamos que vos guste.


2 comentarios:

Asesoría Bibliotecas Escolares dijo...

Excelente traballo e excelentes recitadores!!!! Parabéns a tod@s!

Frianciño dijo...

No nome dos nosos recitadores: Moitas grazas!!!