Se hai unha data para ler poemas, esa é, sen dúbida, o Día dos Namorados. Hoxe len para nós dúas das nosas alumnas bibliotecarias: Sheila e Aine. Len un precioso poema do que temos moitas cousas que contar.
Hai uns días chegou á nosa Biblioteca un libro de poemas titulado O libro dos bicos. O autor é Xosé Luna Sanmartín, e a ilustradora, Nuria Díaz. Folleándoo descubrimos que era un tesouro, tanto pola súa fermosura, como polo xogo que nos podía dar de cara ó noso PDI (Un mar de linguas).
Ademais de nos deleitar, este poema sírvenos para aprender moito. Sabiades que Federico García Lorca, un dos máis grandes poetas españois, escribíu seis poemas en galego? Un deles titúlase Cántiga do neno na tenda. Se o analizades, trata sobre os emigrantes galegos que chegaron á Arxentina e sentían morriña pola súa terra. Moitos triunfaban, pero outros, como Ramón de Sismundi seguían a ser tan pobres coma na aldea.
Unha historia de amor inspírase en Cántiga do neno na tenda. Pero, nesta ocasión, con final feliz e fermoso. Ramón de Sismundi, como moitos dos nosos avós, coñece en Bos Aires a María de Landoi, que se convirte no amor da súa vida. E despois de moitos anos, regresan á súa terra, a Cariño, para lembrar con agarimo aqueles anos na emigración.
Música: STRIMMERMAN. Baton World.

No hay comentarios:
Publicar un comentario