GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 4 de febrero de 2015

BÚSCASE POR PIRATERÍA...


... A Benito Soto Aboal.

O dia 19 de Xaneiro pasou unha cousa moi, pero que moi sorprendente no noso cole: apareceron uns carteis pegados nas paredes que ían dende as aulas de Infantil ata a Biblioteca. Ninguén sabía quen os puxera, e non había ningunha pegada... así que non atopamos rastro de quen empapelou o cole con eses carteis. Si que empezabamos ben a semana con semellante misterio! 
Andivemos a comparar si todos os carteis eran iguais. Aínda por enriba, eran diferentes! Algúns tiñan uns cadradiños que non eran nin letras, nin números, nin debuxos. Era un cadrado grande que dentro contiña moitos cadradiños pequeniños.
A cousa ainda se complicaba máis... Ninguén sabía que querian dicir eses símbolos!
Decidimos descifrar as letras e o debuxo do cartel e conseguimos saber que poñía:
BÚSCASE A BENITO SOTO ABOAL POR PIRATERÍA
Ou sexa... que o home que aparecía no cartel chamábase Benito Soto Aboal e alguén o andaba buscando porque era un pirata! Agora xa sabiamos que dicía o cartel pero aínda non conseguiramos ningunha pista para saber o por que daqueles cadrados.
Por casualidade, Abel, que estaba facéndonos fotos, enfocou a cámara do seu móbil enriba dun destes cadrados...e escoitamos un pitido! Estivemos caladiños a ver que era iso, e... de repente... o móbil falou e dixo:
Seguide os carteis ata a biblioteca
Maxia...! Maxia...! O móbil era quen de falar con só pólo enfocando os cadrados!
Estabamos como tolos buscando máis cadrados, a ver que dicían. Abel explicounos que esos cadrados chámanse códigos QR e que aparecen en moitos produtos.
Lemos todos os códigos ata chegar á Biblioteca e alí dentro, do noso cofre dos tesouros, había contos de piratas e un libro moi especial sobre Benito Soto, o último pirata que existíu de verdade. E, ademais... era galego!
Con esta actividade tan motivadora comezou a nosa investigación en Educación Infantil. Todos temos moito entusiasmo e ganas de saber máis cousas sobre os piratas galegos. 
Á abordaxe...! Comezamos unha nova aventura...!



Grazas á nosa corresponsal, a profe Charo, por dar cumprida conta esta nova. 


No hay comentarios: