GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 2 de febrero de 2015

HISTORIAS DA RADIO


Unha nova experiencia para compartir. 

Os grandes afeccionados á radio adoitan elixir este medio porque "lles acompaña". Cando un está lonxe, escoitar o seu propio idioma ou as novas da súa terra semella unha ráfaga de aire fresco. Iso deben sentir os mariñeiros da nosa flota pesqueira cando escoitan as emisións en Onda Curta.

O vindeiro día 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio. A Asociación Pedagóxica Ponte nas Ondas, cunha grande experiencia no uso pedagóxico da radio na escola, convídanos a participar nesta xornada cunha nova iniciativa: A radio dos nosos maiores. 

Despois da vosa valiosa e xenerosa contribución ás Historias da Emigración, pedimos, novamente, a vosa colaboración. Cal será o voso cometido...? Entrevistar ós vosos avós ou familiares maiores e gravar co móbil as súas respostas sobre: 
      • o seu primeiro aparello de radio; 
      • os seus programas favoritos; 
      • a nova máis sorprendente que escoitaron a través deste medio...
En canto o teñades gravado, achegade os arquivos a

friancinhojones@gmail.com

Pero non vos demoredes, que quedan poucos días. O prazo remata o martes 10 de febreiro

Mans á obra!

No hay comentarios: