GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 1 de febrero de 2015

ASÍ CELEBRAMOS O NOSO DÍA DA PAZ


Cunha xuntanza familiar e entrañable.

A chuvia impedíu que, como outros anos, nos xuntáramos coas nosas familias no patio do colexio para celebrar o Día da Paz. Así que cambiamos de plans: todo o alumnado e profesorado subimos ó Salón de Actos, e alí disfrutamos dun intre de convivencia curto, sinxelo, entrañable e intenso.




Despois de rematar o mural colaborativo sobre Malala proposto polo Equipo de Convivencia, todos os cursos foron reuníndose no piso superior. Todas e todos engalanados co seu barco no peito, co que lembrabamos a todos os migrantes que, a través do mar, marcharon ou chegaron ás nosas costas.

Comezaron Pablo e Sheila N. (5º de Primaria) lendo as súas fermosas Historias da Emigración. O público estaba atentísimo, porque, seguramente, as palabras destes dous compañeiros rezumaban emoción e afectividade.

E logo... todos xuntos, entonamos a nosa canción: El Inmigrante, de Cotí.

Algúns profes comentaban estes días que a canción era moi difícil. Pero, cando algo entusiasma ós nenos, certamente, non hai dificultade que se lles poña por diante. Resultou espectacular ver como nenos tan pequenos sabían cantar... a canción enteira! E veredes nas fotos que, ó final, tamén tivemos que subir ó escenario ós cativos de 3 anos, que estaban encandilados, bailando sen rubor diante de todo o colexio. Quenes coñecemos as dificultades dalgúns deles non saiamos do noso asombro.

Está claro que a música fai milagres!

No hay comentarios: