GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 2 de junio de 2014

XA TEMOS FOTOGRAFÍA GAÑADORA!





Un conto, á beira do mar, é moito máis que un conto. 

Este é o título da foto enviada pola familia de Lara Fernández (Educación Infantil 5 anos A) que mereceu o galardón dos nosos internautas. Recabou un 81% do total, co que se convirte en indiscutible gañadora.

Neste enlace poderedes lembrar todas as preciosas fotos que teñen participado no certame. E aquí, as bases que guiaron este concurso tan familiar e, xa, tan tradicional no noso cole.

Deixámosvos co cartel que decorará a nosa Festa da Lingua deste curso.



Grazas, Lara, por participar. E grazas a todos os votantes que participastes tan masivamente nesta elección. 

No hay comentarios: