GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 3 de junio de 2014

GRANDE FESTA DA LINGUA



Grande e inmensa coma a mar océana. 

Grazas á colaboración de toda a Comunidade Educativa (familias, mestres, alumnos, ex-alumnos, conserxe...) resultou unha grande festa da convivencia e todo un éxito. O tempo (seco e non excesivamente caluroso ) tamén axudou.

Cabe salientar a mellora na comodidade á hora do almorzo: houbo sillas e sombra para todos. Tamén o cheo no salón de actos, mantido ata última hora da tarde (saímos do colexio ás 20:30 horas). E un feito que nos fai sentir sumamente orgullosos: a compañía dun grupo de alumnos da promoción do 1989, que, no 25 aniversario da súa promoción, achegáronse ó Colexio para comer con nós e para bailar unha Danza de Patelas no festival. Estamos moi felices de que compartiran esta xornada festiva: eles tamén son parte da nosa Comunidade Educativa!






E agora, as imaxes do día:

  Preparación 

  Obradoiros

  Merenda

  Xogos

  Exposicións

  Comida

  Concurso

  Festival

A xornada rematou coa sensación grata do traballo ben feito, aínda que cansos, moi cansos... e famentos!


Pois nada...! A descansar todos, que ben merecido o temos...!










No hay comentarios: