Vencendo todos os elementos.
Cunha semana de retraso, damos conta da saída que a A.N.P.A. do noso cole organizou o pasado domingo día 8 de xuño a Cíes.
Enfrontándonos á tremenda mañán que se presentaba, case trescentas persoas da nosa Comunidade Educativa embarcámonos en dous barcos. Algúns, prudentes, decidiron que o día non estaba para viaxes, e quedaron na casa. Talvez non lles faltaba razón, porque case ninguén sobrevivíu ó mareo.
O frío e a chuvia acompañáronnos durante toda a mañán. Pero, cando case estabamos a nos arrepentir da nosa ousadía... saíu o sol. E poidemos patear, xogar... incluso nos bañar!
Aquí está a reportaxe gráfica. Reparade nesa muller vestida de verde ó lado da cabina: é Mónica, a patrona do barco que nos levou ata as Cíes.
Grazas á nosa magnífica A.N.P.A., que sempre nos acompaña na andaina do noso PDI. E grazas ós que compartistes connosco este día inolvidable.

No hay comentarios:
Publicar un comentario