O noso derradeiro conto.
As Tardes de Conto remataron este curso con tres alumnos de 6º A que este ano marchan para o Instituto: Rebeca, Nieves e Lucas.
Achegáronse ó corridor de Infantil para nos contar Yo quiero estar enfermo. Acabado o conto, houbo actividades, consistentes en construír un teatrillo cos personaxes do conto.
Como vedes polas imaxes, a actividade estivo moi animada.
Grazas, chicos, por este conto. Convidámosvos a contar máis o vindeiro curso, aínda que esteades xa no Instituto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario