No Auditorio do C.S.I.C.
O pasado venres 27 de xuño acudimos a Madrid Olga, a directora do noso cole e máis a coordinadora do Equipo de Biblioteca para recoller o Premio Nacional que recibimos polo PDI do curso pasado (A lingua sabe a pan).
Entregaron os premios o Director General de Formación Profesional, o presidente do Consello Escolar do Estado e a Vicedirectora do CSIC.
Reunímonos no Auditorio do CSIC alumnos, profesores e centros docentes, xa que no mesmo evento se entregaron os Premios Nacionais de Educación Secundaria, de Ensinanzas Artísticas, de Bacharelato e de Educación.
Suliñaría o discurso de agradecemento do alumno que representou ós premiados. Con grande coherencia e estilo, o rapaz alabou o ensino público e agradeceu a tarefa das familias e dos profesores. Un discurso que nos fixo sentir moi orgullosos a todos os docentes.
Neste enlace atoparedes a información publicada na páxina web do Ministerio.
Nestoutro, a nova publicada polo Faro de Vigo.
Deixámosvos aquí con algunhas imaxes do día.

1 comentario:
Parabéns a toda esta Comunidade Educativa!! Da gusto ver que ás veces se recoñece o noso traballo
Publicar un comentario