GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 22 de junio de 2014

CONVIVENCIA COS ALUMNOS E ALUMNAS BIBLIOTECARIOS



Comemos xuntos e paladeamos un xeado.

Os nosos alumnos e alumnas bibliotecarios estiveron a traballar arduamente durante todo o curso. Xusto era, pois, agradecer o seu esforzo.

Por iso, o pasado día 11 decidimos comer todos xuntos no colexio, nun lugar privilexiado: a Sala de Mestres. Logo tivemos un rato de animación na Aula de Música, finalizado coa entrega duns pequenos agasallos. E, por último, acudimos xuntos a tomar un xeado ó Centro Comercial. Pero... coa emoción, esquecémonos de inmortalizar esta última parte (é doado de entender: só tiñamos mans para o xeado e a culler).



Grazas, rapaces, polo voso traballo desinteresado, e por ese rato de convivencia que as profes estivemos encantadas de compartir convosco!

No hay comentarios: