Alfabetizando dixitalmente ó noso alumnado.
Como lembraredes, polo Día das Letras Galegas propuxemos a elaboración do Marfabeto (o noso particular dicionario do mar). Estaba creado en formato impreso, e pasou a integrarse na colección de traballos da nosa Biblioteca.
Pensando na necesidade de que o noso alumnado, xa dende cativo, empregue as novas tecnoloxías, decidimos impulsar unha versión dixital do Marfabeto: os rapaces tiveron que teclear cada palabra e definición nunha plantilla previamente creada, e engadir unha fotografía alusiva recollida da Internet.
Nesta tarefa participaron os nenos e nenas dende a Educación Infantil ata o 4º curso de Primaria.

No hay comentarios:
Publicar un comentario