Grande e inmensa coma a mar océana.
Grazas á colaboración de toda a
Comunidade Educativa (familias, mestres, alumnos, ex-alumnos, conserxe...) resultou unha grande festa da convivencia e todo un éxito. O tempo (seco e non excesivamente caluroso ) tamén axudou.
Cabe salientar a mellora na comodidade á hora do almorzo: houbo sillas e sombra para todos. Tamén o cheo no salón de actos, mantido ata última hora da tarde (saímos do colexio ás 20:30 horas). E un feito que nos fai sentir sumamente orgullosos: a compañía dun grupo de
alumnos da promoción do 1989, que, no 25 aniversario da súa promoción, achegáronse ó Colexio para comer con nós e para bailar unha
Danza de Patelas no festival. Estamos moi felices de que compartiran esta xornada festiva:
eles tamén son parte da nosa Comunidade Educativa!
E agora, as imaxes do día:
Preparación
Obradoiros
Merenda
Xogos
Exposicións
Comida
Concurso
Festival
A xornada rematou coa sensación grata do traballo ben feito, aínda que cansos, moi cansos... e famentos!
Pois nada...! A descansar todos, que ben merecido o temos...!