GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 31 de diciembre de 2013

MIGALLAS ESTIVO NO NOSO COLE EN NOVEMBRO



No marco da Campaña Impórtanos!

Bea Campos, de Migallas, estivo no noso cole durante o mes de novembro, facendo as delicias dos nenos e nenas de Educación Infantil.

Acudiu a instancias do Departamento de Orientación, e en colaboración coa Campaña Impórtanos, promovida polo Concello de Vigo.

Como podedes ver, nenos e adultos disfrutamos un montón.



O MEU BARCO DE XOGUETE



O derradeiro Venres de Viva Voz de 2013. 

Estivo a cargo dos nenos e nenas de 2º A, e constituíu unha homenaxe a Manuel María, ó consistir no recitado do poema titulado O meu barco de xoguete.



Seguide a navegar así de ben!


lunes, 30 de diciembre de 2013

FESTA DE NADAL




O último día do trimestre celebramos a chegada do Nadal.

Con tal motivo, antes do recreo, reunímonos no Salón de Actos, onde disfrutamos do bo facer dos alumnos e alumnas que participan no grupo de Teatro de Actividades Extraescolares. As obras representadas foron: O paxo do rei Coello e Historias de perruquería.

Un intre moi entrañable foi a calurosa despedida que os rapaces e rapazas de 4º A dispensaron a Remedios, a súa profe, que se xubila. Poemas, apertas e agasallos que todos compartimos con eles.

Tras bailar ó son das panxoliñas recibimos unha visita especial... dende Laponia, e acompañado dun dos seus elfos chegou ata o colexio o auténtico Santa Claus, que repartiu larpeiradas para todos.

Disfrutade coas fotos!

jueves, 26 de diciembre de 2013

PETISCOS LITERARIOS



Para saborear ós principais autores da LIX.

Coa intención de dinamizar a Hora de Ler, este trimestre comezamos cunha nova iniciativa: promover a lectura dos grandes autores de Literatura Infantil e Xuvenil presentes na nosa Biblioteca.

Os autores elixidos foron Roald Dahl (no Segundo e Terceiro Ciclo) e Eric Carle (no Primeiro). Estas son as obras seleccionadas:

      • A xoaniña rosmona 
      • O Superzorro
      • Matilda (celebrando, así, o 25 aniversario da súa publicación)

Tras delimitar os fragmentos, as profes Montse, Olga e Mónica acudiron ós diferentes grupos. A lectura complementouse con dous posts sobre ambos os dous escritores.

A experiencia resultou todo un éxito. E... na Biblioteca xa están esgotadas as obras de Roald Dahl!




miércoles, 25 de diciembre de 2013

A DERRADEIRA NOVA DE 2013




Unha homenaxe a Nelson Mandela.

Na semana do 9 ó 13 de decembro, os encargados de seleccionar a Nova da Semana foron os alumnos e alumnas de 6º A de Primaria.

Coincidindo co pasamento de Nelson Mandela elaboraron unha fermosa homenaxe a este home grande e sinxelo por quen chora a humanidade enteira.



Parabéns, chicos!

martes, 24 de diciembre de 2013

UN MAR DE CUNCHAS




Para un Nadal moi mariñeiro. 

Durante o mes de decembro, nas paredes do noso colexio foron aparecendo cunchas de vieira decoradas dos xeitos máis inxeniosos e fermosos. A imaxinación, como vedes, é unha poderosa aliada entre as familias da nosa comunidade educativa.

Cun pouco de retraso, mostrámosvos unha visión rápida do que foi esta exposición espontánea. Sabemos que non están todas, e que faltan moitísimas ben merecedoras de ocupar un lugar preferente. Mais... o tempo non da para todo.



Iso si...! Nunca é tarde para vos desexar BO NADAL!

lunes, 23 de diciembre de 2013

LENDO A PRENSA




Unha sorpresa de Roi, o noso alumno de 2º A.

Roi sabe que este curso a súa aula traballará sobre as aves mariñas, entre elas, as gaivotas. Por iso non perdeu a ocasión, e, a partir dunha nova recollida do Faro de Vigo, fixo este composición, na que resume o contido da mesma.


Grazas, Roi! E a seguir lendo moito!

VISITA Á BIBLIOTECA CENTRAL



A derradeira semana de novembro, os nenos e nenas de 6º curso de Primaria visitaron a Biblioteca Central.

Foron recibidos polo bibliotecario, quen lles explicou o funcionamento da mesma. Isto non lles sonou novo, xa que adoitamos facer Formación de Usuarios na biblioteca do noso cole.

Logo pasaron á sala principal. E, por último tiveron a sorte de manipular uns documentos preciosos e facer un xogo.

Aquí tendes algunhas instantáneas da saída.



Grazas á profe Luz, a nosa reporteira enviada para a ocasión!

domingo, 22 de diciembre de 2013

OS AXUDANTES DE PAPÁ NOËL




O último conto do trimestre. 

A encargada de levalo adiante foi Ana, a nai de Alejandro (4º A). E o conto elixido, Os axudantes de Papá Noël, moi apropiado para as datas que se aveciñan.

Tras o conto, obradoiro de manualidades navideñas.




Grazas, Ana e Alejandro!

A NOITE DAS MUDANZAS



O conto de Andreea. 

O luns 2 de decembro Andreea (5º A de Primaria) contounos A noite das mudanzas.

O reporteiro gráfico esqueceuse da cámara de fotos, así que non temos imaxes da actividade. Pero retratamos a Andreea na Biblioteca co seu libro.

Ó rematar, os participantes construíron muíños como o que amosa Luamy.


Grazas, Andreea!

FLIS-FLI-RIS-FLAS



O conto que nos contou Lhorrana.

Con casi un mes de retraso dámosvos a reseña do conto que nos contou Lhorrana (6º curso de Primaria) o día 27 de novembro. O seu título, Flis - Fli - Ris - Flas. Un libro que trata da amistade (e, de paso, do mar): de como Martiño axuda a Carmiña a salvar ó polbo (o mellor amigo de Carmiña).

En palabras da "contadora": "Encantoume como os nenos pequenos atenderon todo o tempo ó conto".

Ó remate, todos os participantes elixiron un debuxo e fixeron un colaxe con moitas cores.

Parabéns, Lhorrana!



jueves, 19 de diciembre de 2013

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA



Como o turrón, volven a casa polo Nadal.

A un paso xa das vacacións do Nadal, propómosvos as nosas Recomendacións de Nadal que, nesta ocasión, foron elaboradas en colaboración cun grupo de mestres e mestras bibliotecarios de centros da nosa bisbarra.



Doces e felices lecturas de Nadal para todos!

miércoles, 18 de diciembre de 2013

TARDE DE RECOÑECEMENTOS NA CIDADE DA CULTURA



En compañía de representantes de toda a nosa Comunidade Educativa. 

O martes pola tarde un grupo de profes, alumnos e nais acudimos á Cidade da Cultura en resposta ó requerimento do Conselleiro de Cultura. Alí reunímonos cos compañeiros do IES de Ames, do IES Sánchez - Cantón (Pontevedra) e o Colexio SEK de Pontevedra, tamén gañadores dun Premio Nacional.

Outra tarde de flashes e de vídeos, que quedaron recollidos en distintos medios. Aquí estamos no Informativo da noite da RTVG: 


Tamén a páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deu cumprida información sobre o acontecemento. 


Tras o acto, os nosos alumnos e alumnas estiveron a falar un bo anaco co Conselleiro, D. Jesús Vázquez, co Delegado Territorial de Educación da provincia de Pontevedra e co noso inspector, D. Carlos Antuña

Logo, disfrutamos coñecendo as curiosidades das tribos indíxenas do Orinoco exhibidas na Cidade da Cultura. Ó dicir dos cativos, foi unha tarde estupenda. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos. 


Chegamos tarde e cansos, pero a xornada de convivencia pagou a pena. 

viernes, 13 de diciembre de 2013

"A LINGUA SABE A PAN" NOS MEDIA




Unha mañá de présas, flashes e chamadas telefónicas.

Se estiveramos no local social dun medio de comunicación diriamos "os teletipos non teñen deixado de funcionar en toda a mañá". Non era o caso, pero pouco lle faltou. Durante toda a xornada,  as cámaras das diferentes cadeas e periódicos estiveron a pasearse polo noso centro, "facéndolle a competencia" á profe Luz, que estaba a gravar o noso Venres de Viva Voz e os programas navideños.

Aquí tendes o que atopamos na Rede:

La Voz de Galicia:



Faro de Vigo (Venres 13): 



Faro de Vigo (Sábado 14): 



Atlántico Diario:



La Ventana - Cadena Ser (minuto 3:26):



Informativo do mediodía da TVG:

jueves, 12 de diciembre de 2013

REFRÁNS DO MAR




Analizados polos nenos e nenas do Primeiro Ciclo de Primaria.

Durante o mes de novembro, os nenos e nenas do Primeiro Ciclo estiveron a traballar sobre algúns refráns relacionados co mar. Tras iso, elaboraron uns preciosos murais que, agora, adornan as paredes da nosa biblioteca.

Disfrutade co seu traballo!

OS PERCEBES DO RONCUDO



Pollycipes pollymerus3, de Minette Layne. En Wikipedia. CC BY SA

Cos nenos e nenas de 3 anos A.

Para acompañar a súa investigación sobre os peixes e mariscos do Nadal, os nenos e nenas de 3 anos A fixeron este traballo.



Parabéns, chicos!

miércoles, 11 de diciembre de 2013

MERGULLÁNDONOS NO NADAL




Cos nenos e nenas do 1º curso de Primaria e a Sección Bilingüe de Plástica.

O pasado luns día 10, os nenos e nenas de 1º curso desprazáronse á Rúa do Príncipe para participar no Concurso de árbores de Nadal. Acudiron acompañados das profes Montse, Luz, Nieves e Ally.

Despois de traballar arreo na elaboración dos seus adornos navideños, pasaron unha mañá estupenda, culminando a tarefa realizada.

Os adornos fixéronos na Sección Bilingüe de Plástica, e, continuando co tema do noso PDI (A lingua sabe a mar) consistiron en peixes e estrelas de mar elaborados con materiais de refugallo.

Neste enlace podedes ver a nova recollida na páxina web do cole (en Inglés, obviamente).

A nosa sorpresa veu de Maite, a mamá de Santi. Por ela soubemos que a nova tivo tanta importancia... que ata saiu na tele!





Mágoa que só había un premio. Mais o importante é participar. Parabéns!


HUMOR GRÁFICO NO 160 ANIVERSARIO DO FARO DE VIGO



A Nova da Semana dos alumnos e alumnas de 4º B.

Os rapaces de 4º B recolleron na súa Nova da Semana a celebración do 160 aniversario de Faro de Vigo. O acontecemento festexouse coa presentación do libro Humor Gráfico, onde se recollen as viñetas máis significativas dos numerosos debuxantes que teñen pasado polas páxinas do diario ó longo destes anos.

Como veredes, os rapaces coñecen moi ben as seccións do periódico.




Parabéns, rapaces!

martes, 10 de diciembre de 2013

O PEIXIÑO DE CORES




Contado polos nenos e nenas de Educación Infantil 5 anos A.

Para o seu Venres de Viva Voz, os nenos e nenas de Educación Infantil 5 anos A presentáronnos este conto. Unha fermosa reflexión sobre a xenerosidade e a amistade.



Parabéns, chicos!

A XOANIÑA ROSMONA



Un petisco literario para os alumnos e alumnas do Primeiro Ciclo. 

Durante a Hora de Ler queremos dar a coñecer a algúns dos grandes mestres da LIX presentes na nosa biblioteca.

No Primeiro Ciclo imos comezar con Eric Carle e A xoaniña rosmona.

Eric Carle naceu nos Estados Unidos en 1929. Os seus pais eran emigrantes que chegaran de Alemaña. Alí voltaron cando Eric cumpriu 6 anos. E alí comezou os seus estudios artísticos.

Sen embargo, a infancia de Eric Carle non foi feliz: a guerra perseguíao. O seu pai foi reclutado polo Exército alemán durante a Segunda Guerra Mundial, e foi feito prisionerio polos rusos. O propio Eric tivo que cavar trincheiras.

Así que Eric regresou ós Estados Unidos, onde tamén foi reclutado para participar na Guerra de Corea.

Os álbumes ilustrados de Eric Carle se caracterizan por:
      • o fondo das ilustracións é branco; 
      • o colorido das ilustracións é moi impactante; 
      • as ilustracións son recortes de papel montados en forma de collage e pintados, prioritariamente, con ceras;
      • as formas son claras e perfiladas;
      • os formatos dos álbumes son moi orixinais: inclúen perforacións, troquelados, despregabres, sons, transparencias...
      • ademais de narrarnos unha historia, os álbumes de Eric Carle tratan sempre de nos aprender algo: os números, os días da semana, os nomes da froita, as cores, os hábitos saudables...
      • outra das preferencias de Eric Carle é a de incluír nas súas obras pequenos animaliños como protagonistas. 
Recoñeces algunha destas características en A xoaniña rosmona?

Se che gustou este libro, podes tamén atopar estoutros libros de Eric Carle na nosa biblioteca: 

lunes, 9 de diciembre de 2013

O SEU DÍA TEN CONCLUÍDO



Mais non a súa obra.

Mañán a atención informativa mundial estará en Johannesburgo, acompañando os restos mortais de Nelson Mandela.

Compartimos convosco este precioso poema  adicado a Madiba, escrito por Maya Angelou en nome do pobo estadounidense. (Se premedes no botón de "transcripción" poderedes comprender o seu contido; se non, podedes practicar o voso inglés). 




Grazas, Madiba!

10 de DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS



Tingamos de laranxa o lila. 

Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos...

...sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemiento ou calquera outra condición. 

Artigos 1 e 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Respondendo á proposta do Secretario Xeral de Nacións Unidas, este curso quixemos relacionar o 25 de novembro (Día Internacional contra o Maltrato) co 10 de decembro (Día Internacional dos Dereitos Humanos).

Nesta data tan senlleira queremos subraiar novamente que as persoas son iguais, independentemente do seu sexo, da súa relixión ou do país no que teñan nado. E que (como dicía Nelson Mandela) a educación é o único que pode cambiar o mundo. 

Reflexionemos sobre todo isto coa historia de Noor, unha muller "morta en vida" en Irak.




MATILDA CUMPRE 25 ANOS



E antes de que remate este 2013 queremos festexalo. 

Matilda é unha nena sensible, cunha intelixencia extraordinaria e unha grande afección pola lectura. Sen embargo, a familia na que nace non é quen de recoñecer esas capacidades prodixiosas, o mesmo que a directora da súa escola.

25 anos despois da súa publicación, Matilda brila con luz propia na nosa biblioteca escolar. Un exemplo de superación.


Mais Matilda é filla da imaxinación dun dos máis grandes creadores da literatura infantil: Roald Dahl.

Fillo de pais noruegueses, Roald Dahl naceu en Cardiff (País de Gales) en 1916, e morreu en Oxford en 1990. Foi piloto de aviación durante a Segunda Guerra Mundial.

As enfermidades sufridas pola súa irmá e os seus fillos convertírono nunha persoa moi comprometida coa alfabetización e a infancia. Moitas das súas experiencias infantís aparecen reflectidas nas súas obras.

As súas novelas adoitan estar contadas dende o punto de vista dun neno. En contraposición, os adultos (agás un) adoitan ser viláns que odian e maltratan ós nenos.

Roald Dahl formou parella artística, en moitas das súas obras, co ilustrador Quentin Blake.

Entre as obras de Roald Dahl que podes atopar na Biblioteca figuran:
Roald Dahl tamén foi guionista, e traballou en películas como Chitty Chitty Bang Bang.

Non vos parece suxerente...?

Se premedes nos enlaces, poderedes acceder ás páxinas webs oficiais de Roald Dahl e Quentin Blake. Así, ademais de coñecer máis cousas sobre eles, poderedes practicar o voso inglés. 

Convidámosvos a paladear un pequeno petisco literario!

domingo, 8 de diciembre de 2013

AS VIEIRAS SABEN A MAR


 



Esta fin de semana, todas as familias tiveron moi presente o noso PDI.

Porque, como todos os anos, recibiron un motivo para decorar as paredes da nosa escola. Nesta ocasión, unha cuncha de vieira, en alusión ó noso PDI A lingua sabe a mar.

Seguro que, mañán, podemos fotografar fermosas cunchas decoradas. Hoxe mostrámosvos estas imaxes caseiras de Haritz e Ivan, que nos achegaron as súas instantáneas recén rematada o tarefa. Como podedes ver, todo o proceso está documentado.





Grazas, chicos!

E, a partir de mañán... máis...!

EU SON A AMEIXA ANDREA



Un traballo de dúas ex - alumnas moi en consonancia co noso PDI deste curso. 

De cara ó Nadal, estamos a traballar nos diversos grupos sobre os peixes e mariscos típicos do Nadal. Con tal motivo, recuperamos este LIM elaborado hai dous cursos por dúas alumnas que, hoxe, xa cursan estudios no Instituto.



Seguro que lle tiramos proveito!

sábado, 7 de diciembre de 2013

ANIMAIS INVERTEBRADOS MARIÑOS




Para este Nadal, todos os grupos están investigando sobre peixes e mariscos típicos destas datas.

Por tal motivo, a nosa compañeira Ana P. ten elaborado este LIM sobre os Animais Invertebrados Mariños.



Esperemos que lle tiredes proveito!

viernes, 6 de diciembre de 2013

MADIBA QUE ESTÁS NO CEO



Hoxe, 6 de decembro, amanecimos cunha triste nova: o pasamento de Nelson Mandela.


Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos...

...sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemiento ou calquera outra condición. 

Artigos 1 e 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos



Achegándose o Día Internacional dos Dereitos do Home, non podemos senon reflexionar sobre esta figura senlleira que foi quen de reconducir a historia de Sudáfrica, conquerindo a reconciliación de dúas partes radicalmente enfrontadas: a minoría branca que ostentaba o poder económico e político, e a maioría negra carente de dereitos. Unha figura que, polo ben do seu país, foi quen de perdoar os máis de trinta inxustos anos pasados na cadea.

Na data en que os españois celebramos o Día da Constitución, o discurso de Mandela durante o xuízo que o condenou á cadea resulta providencial:

Teño loitado contra a dominación branca e teño loitado contra a dominación negra. Soñei cun ideal de sociedade democrática na cal todas as persoas vivan xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal que me fai querer vivir para conquerilo, pero, se é necesario, é un ideal polo que estou disposto a morrer.

Neste documental podemos coñecer a vida deste grande home:




Hai xa algún tempo, neste mesmo blog, conmovíanos Invictus, a película baseada en El factor humano, de John Carlin. Convidámosvos a ler o libro ou a visualizar a cinta, para coñecer mellor a este home bo por quen todo o Planeta chora hoxe.

Grazas ós compañeiros da Biblioteca Escolar Salgado Torres por nos ter achegado a imaxe que encabeza este post, un grafitti tomado nas rúas de París.

Tamén a Rosana Rodiles, da Biblioteca Escolar Xoan Farias (C.E.I.P. de Pazos) que nos ten ofrecido (coma sempre, xenerosamente) a imaxe coa que concluímos.



Nos tempos que corren... cantos Mandela precisamos!

jueves, 5 de diciembre de 2013

AS CORES DO MAR



O Venres de Viva Voz de Educación Infantil 5 B.

O pasado venres, os nenos e nenas de Educación Infantil 5 anos B sorprendéronnos no seu Venres de Viva Voz con este poema.



Parabéns, chicos!

lunes, 2 de diciembre de 2013

PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN PARA "A LINGUA SABE A PAN"


Papá Noel e mais os Reis Magos chegaron adiantados ó noso cole.

Comezando o mes de decembro, esta mañán chegaron onda a nós a Directora e a Xefa de Estudios, entusiasmadas, con esta carta. (Preme na imaxe para ver o documento en grande).




A comunicación referiase ó Premio Nacional de Educación para centros non universitarios, no apartado de Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura e Audiovisuais, no que temos presentado o noso PDI do curso pasado (A lingua sabe a pan).

Ante estas magníficas novas, non podemos máis que agradecer:

  • en primeiro lugar, á nosa Comunidade Educativa (alumnado, profesorado e familias) porque grazas ó traballo desinteresado de todos eles, e sumando esforzos, foi posible este resultado; 
  • ó Equipo Directivo, por nos apoiar en todo intre; 
  • á gran comunidade "plambeira", polo moito que nos inspiran e aprendemos deles e con eles;
  • e a Pilar, Cristina e José Luis por informarnos, e darnos pulos e ánimos.

Hoxe, durante o recreo, celebrámolo, coma se fora a Lotería de Nadal. Darvos por convidados!


jueves, 28 de noviembre de 2013

AS ILLAS CÍES, NA NOVA DA SEMANA




Os alumnos e alumnas de 4º A resaltaron a solicitude de Patrimonio da Humanidade para as Illas Cíes.

Esta foi a nova coa que nos sorprendeu a semana pasada o alcalde da nosa cidade, Abel Caballero. E, para iso, obtivo o apoio de toda a clase política, empresarial e cidadá. Como contan os nenos no seu programa, será un proceso longo, pero... non estaremos sós!


CÓNTAME ALGO ALEGRE...



... Antes de ir durmir.

Este é o título do conto da semana pasada. A historia dun cativo que ten medo á escuridade e sempre quere unha historia bonita para ir durmir. Ou acaso non durmimos todos mellor cando marchamos á cama con pensamentos fermosos...?

Contóunola Ana, a nai de Alejandro (4º A). Como vedes, estivo moi acompañada por algunhas axudantas.

Despois deste conto, obradoiro para lle dar forma ós nosos soños e adornalos con cores alegres e brillantes.

Agradecemos á profe Mónica V. o seu relato do evento, que podedes saborear nas seguintes fotos:



Grazas, Ana!

martes, 26 de noviembre de 2013

16 DÍAS PARA TRANSFORMAR O LILA EN LARANXA



Do 25 de novembro ó 10 de decembro.

Como xa vos informamos nun post anterior, este curso sumámonos á Campaña do Secretario Xeral das Nacións Unidas para pór fin á violencia contra ás mulleres (ÚNETE).

Para poder cambiar as cousas é preciso coñecelas. Grazas á tarefa investigadora da profe Luz presentámosvos este documento titulado Unha promesa é unha promesa. Se premedes na foto, accederedes ós números relacionados co maltrato. Pero tamén poderedes coñecer as 16 accións que Ban Ki-moon propón para erradicalo.



Cambiemos do lila ó laranxa!



DE MAGOSTOS...



... e mares.

O Venres de Viva Voz dos alumnos e alumnas de 6º B consistiu nunha mistura de refráns, adiviñas e recitados relativos ó Magosto e ó Mar.

Aquí os tendes, recitando no Salón de Actos.

Parabéns!





jueves, 21 de noviembre de 2013

DO LILA Ó LARANXA




O lila é a cor do lazo co que celebramos o 25 de novembro.

Nesta data se conmemora o brutal asasinato das irmás Mirabal. Nesta presentación podes coñecer máis polo miúdo as circunstancias que deron lugar a esta conmemoración.





Para este ano, a ONU fainos unha bonita proposta: pintar o mundo de laranxa en 16 días. É dicir, manter unha actitude activa contra o maltrato. Eses días abranguen dende o 25 de novembro (data do asasinato das irmás Mirabal) ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos.

No cole ímonos sumar a esta iniciativa, adornándonos durante estes dezaseis días cunha prenda ou unha cinta laranxa.

Convidámosvos a coñecer e a reflexionar sobre esta tremenda lacra cos datos e o vídeo que nos proporciona a ONU: 





Sabes que, nalgúns países, a muller é un ser desprovisto de dereitos...? En Paquistán, as mulleres están obrigadas a levar burka, unha prenda de roupa que tapa completamente o seu corpo e a súa cara. Neste país, ser muller e mestra é moi perigoso: Shahnaz Nazli foi asasinada este ano por dar clase a nenas. 



Por contar nun blog (baixo pseudónomo) os problemas que teñen as nenas paquistaníes para recibir unha educación, a nena Malala Yousafzai foi tiroteada. Afortunadamente, tras quedar nun estado moi grave, conseguíu recuperarse das feridas recibidas. 

Esta mesma semana, Malala recibiu o Premio Sajarov á liberdade de conciencia que outorga o Parlamento Europea por defender o Dereito á Educación das nenas paquistaníes. 

Podedes seguir a crónica deste acontecemento neste enlace: 


Nós quedámonos con dúas das súas frases: 
  • Algúns nenos non queren consolas, queren un libro e un bolígrafo para ir ó colexio.
  • Non quero ser coñecida como chica á que dispararon os talibáns, senon chica que loita pola educación, quero adicar a miña vida a esta causa.

Únete ó laranxa e, con Malala Yousafzai, loita contra o maltrato e a favor da Educación das Mulleres.