GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 26 de diciembre de 2013

PETISCOS LITERARIOS



Para saborear ós principais autores da LIX.

Coa intención de dinamizar a Hora de Ler, este trimestre comezamos cunha nova iniciativa: promover a lectura dos grandes autores de Literatura Infantil e Xuvenil presentes na nosa Biblioteca.

Os autores elixidos foron Roald Dahl (no Segundo e Terceiro Ciclo) e Eric Carle (no Primeiro). Estas son as obras seleccionadas:

      • A xoaniña rosmona 
      • O Superzorro
      • Matilda (celebrando, así, o 25 aniversario da súa publicación)

Tras delimitar os fragmentos, as profes Montse, Olga e Mónica acudiron ós diferentes grupos. A lectura complementouse con dous posts sobre ambos os dous escritores.

A experiencia resultou todo un éxito. E... na Biblioteca xa están esgotadas as obras de Roald Dahl!




No hay comentarios: