Durante a Hora de Ler queremos dar a coñecer a algúns dos grandes mestres da LIX presentes na nosa biblioteca.
No Primeiro Ciclo imos comezar con Eric Carle e A xoaniña rosmona.
Eric Carle naceu nos Estados Unidos en 1929. Os seus pais eran emigrantes que chegaran de Alemaña. Alí voltaron cando Eric cumpriu 6 anos. E alí comezou os seus estudios artísticos.
Sen embargo, a infancia de Eric Carle non foi feliz: a guerra perseguíao. O seu pai foi reclutado polo Exército alemán durante a Segunda Guerra Mundial, e foi feito prisionerio polos rusos. O propio Eric tivo que cavar trincheiras.
Así que Eric regresou ós Estados Unidos, onde tamén foi reclutado para participar na Guerra de Corea.
Os álbumes ilustrados de Eric Carle se caracterizan por:
- o fondo das ilustracións é branco;
- o colorido das ilustracións é moi impactante;
- as ilustracións son recortes de papel montados en forma de collage e pintados, prioritariamente, con ceras;
- as formas son claras e perfiladas;
- os formatos dos álbumes son moi orixinais: inclúen perforacións, troquelados, despregabres, sons, transparencias...
- ademais de narrarnos unha historia, os álbumes de Eric Carle tratan sempre de nos aprender algo: os números, os días da semana, os nomes da froita, as cores, os hábitos saudables...
- outra das preferencias de Eric Carle é a de incluír nas súas obras pequenos animaliños como protagonistas.
Recoñeces algunha destas características en A xoaniña rosmona?
Se che gustou este libro, podes tamén atopar estoutros libros de Eric Carle na nosa biblioteca:

No hay comentarios:
Publicar un comentario