O último día do trimestre celebramos a chegada do Nadal.
Con tal motivo, antes do recreo, reunímonos no Salón de Actos, onde disfrutamos do bo facer dos alumnos e alumnas que participan no grupo de Teatro de Actividades Extraescolares. As obras representadas foron: O paxo do rei Coello e Historias de perruquería.
Un intre moi entrañable foi a calurosa despedida que os rapaces e rapazas de 4º A dispensaron a Remedios, a súa profe, que se xubila. Poemas, apertas e agasallos que todos compartimos con eles.
Tras bailar ó son das panxoliñas recibimos unha visita especial... dende Laponia, e acompañado dun dos seus elfos chegou ata o colexio o auténtico Santa Claus, que repartiu larpeiradas para todos.
Disfrutade coas fotos!

No hay comentarios:
Publicar un comentario