GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 9 de diciembre de 2013

MATILDA CUMPRE 25 ANOS



E antes de que remate este 2013 queremos festexalo. 

Matilda é unha nena sensible, cunha intelixencia extraordinaria e unha grande afección pola lectura. Sen embargo, a familia na que nace non é quen de recoñecer esas capacidades prodixiosas, o mesmo que a directora da súa escola.

25 anos despois da súa publicación, Matilda brila con luz propia na nosa biblioteca escolar. Un exemplo de superación.


Mais Matilda é filla da imaxinación dun dos máis grandes creadores da literatura infantil: Roald Dahl.

Fillo de pais noruegueses, Roald Dahl naceu en Cardiff (País de Gales) en 1916, e morreu en Oxford en 1990. Foi piloto de aviación durante a Segunda Guerra Mundial.

As enfermidades sufridas pola súa irmá e os seus fillos convertírono nunha persoa moi comprometida coa alfabetización e a infancia. Moitas das súas experiencias infantís aparecen reflectidas nas súas obras.

As súas novelas adoitan estar contadas dende o punto de vista dun neno. En contraposición, os adultos (agás un) adoitan ser viláns que odian e maltratan ós nenos.

Roald Dahl formou parella artística, en moitas das súas obras, co ilustrador Quentin Blake.

Entre as obras de Roald Dahl que podes atopar na Biblioteca figuran:
Roald Dahl tamén foi guionista, e traballou en películas como Chitty Chitty Bang Bang.

Non vos parece suxerente...?

Se premedes nos enlaces, poderedes acceder ás páxinas webs oficiais de Roald Dahl e Quentin Blake. Así, ademais de coñecer máis cousas sobre eles, poderedes practicar o voso inglés. 

Convidámosvos a paladear un pequeno petisco literario!

No hay comentarios: