Tingamos de laranxa o lila.
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos...
...sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemiento ou calquera outra condición.
Artigos 1 e 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
Respondendo á proposta do Secretario Xeral de Nacións Unidas, este curso quixemos relacionar o 25 de novembro (Día Internacional contra o Maltrato) co 10 de decembro (Día Internacional dos Dereitos Humanos).
Nesta data tan senlleira queremos subraiar novamente que as persoas son iguais, independentemente do seu sexo, da súa relixión ou do país no que teñan nado. E que (como dicía Nelson Mandela) a educación é o único que pode cambiar o mundo.
Reflexionemos sobre todo isto coa historia de Noor, unha muller "morta en vida" en Irak.

No hay comentarios:
Publicar un comentario