O lila é a cor do lazo co que celebramos o 25 de novembro.
Nesta data se conmemora o brutal asasinato das irmás Mirabal. Nesta presentación podes coñecer máis polo miúdo as circunstancias que deron lugar a esta conmemoración.
Para este ano, a ONU fainos unha bonita proposta: pintar o mundo de laranxa en 16 días. É dicir, manter unha actitude activa contra o maltrato. Eses días abranguen dende o 25 de novembro (data do asasinato das irmás Mirabal) ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos.
No cole ímonos sumar a esta iniciativa, adornándonos durante estes dezaseis días cunha prenda ou unha cinta laranxa.
Convidámosvos a coñecer e a reflexionar sobre esta tremenda lacra cos datos e o vídeo que nos proporciona a ONU:
Sabes que, nalgúns países, a muller é un ser desprovisto de dereitos...? En Paquistán, as mulleres están obrigadas a levar burka, unha prenda de roupa que tapa completamente o seu corpo e a súa cara. Neste país, ser muller e mestra é moi perigoso: Shahnaz Nazli foi asasinada este ano por dar clase a nenas.
Por contar nun blog (baixo pseudónomo) os problemas que teñen as nenas paquistaníes para recibir unha educación, a nena Malala Yousafzai foi tiroteada. Afortunadamente, tras quedar nun estado moi grave, conseguíu recuperarse das feridas recibidas.
Esta mesma semana, Malala recibiu o Premio Sajarov á liberdade de conciencia que outorga o Parlamento Europea por defender o Dereito á Educación das nenas paquistaníes.
Podedes seguir a crónica deste acontecemento neste enlace:
Nós quedámonos con dúas das súas frases:
- Algúns nenos non queren consolas, queren un libro e un bolígrafo para ir ó colexio.
- Non quero ser coñecida como chica á que dispararon os talibáns, senon chica que loita pola educación, quero adicar a miña vida a esta causa.
Únete ó laranxa e, con Malala Yousafzai, loita contra o maltrato e a favor da Educación das Mulleres.



No hay comentarios:
Publicar un comentario