GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 31 de mayo de 2012

MÁIS DE CINCUENTA MIL VISITAS...!



Tédevos fixado...?

De súpeto, hoxe, o contador de visitas do noso blog ten superado as 50.000 visitas. Gústanos porque é un número redondo, porque o 5 é máxico, porque o que comezou da nada converteuse xa nunha árbore cun robusto tronco... E porque a sabia que o alimenta é a nosa tarefa diaria a prol da lectura.

Parabéns para toda a familia educativa do Frian!

O NOSO DERRADEIRO MÉRCORES DE CONTO


Hoxe, Marisol, contounos unha historia moi especial para poder agradecer a todos os colaboradores e colaboradoras destas tardes de conto a súa aportación ao longo do curso. Non faltou ninguén na súa historia e de xeito moi especial Mª José e Pili, por todas esas tardes adicadas á nos na Biblioteca.

Esta é unha pequena mostra do que estivemos a facer.




GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ADICACIÓN Á NOSA BIBLIOTECA !!!

miércoles, 30 de mayo de 2012

UN PREMIO PARA A NOSA XORNALISTA ANTÍA MARTÍNEZ PRADO


O Programa Prensa-Escuela convocou unha nova edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, un certame que ten como obxectivo familiarizar aos alumnos e alumnas galegas coa lectura e manexo do xornal e axudarlles a desenvolver a súa capacidade de exposición e redacción. A participación tivo como resultado que o premio á mellor Xornalista Infantil e Xuvenil na súa categoria recaeu na nosa alumna de 6ºA Antía Martínez Prado.

Aproveitando que o curso pasado traballouse dende a Formación de Usuarios a elaboración dunha nova, fomentando a lectura dos xornais a través da participación neste programa ao longo deste curso, os nosos rapaces e rapazas  de 6º foron xornalistas durante uns días e elaboraron as súas propias novas.

Antía elaborou unha nova sobre a aparición  dos cerdos vietnamitas nos nosos bosques e cóntanos a causa e as consecuencias destas presenzas.

  

Noraboa a Antía, aos seus pais e por suposto a súa profe Conchi !!

Neste enlace podedes ler un pouco máis sobre os seu premio:

http://www.prensaescuela.es/web/gallego/noticiaseducacion/consultarnoticiaweb.php?idnoticia=2856


domingo, 27 de mayo de 2012

DOUS FINALISTAS COAS SÚAS FOTOGRAFÍAS


Este ano a participación no concurso foi considerable, e cunha calidade fotográfica moi elevada, de xeito que cada vez é máis difícil decidirse por unha intantánea.

Grazas a todos os participantes e tamén a todos os internautas que colaboraron elexindo a  súa fotografía preferida.
Este é o álbume de todos os participantes. Esperamos que o disfrutedes refrescando a vosa imaxinación con estas paisaxes.



Agora só que temos que publicar as dúas fotos gañadoras por estar moi desmarcadas, en canto a puntuación, do resto dos participantes e son:

Fotografía  de Roi Gómez Salvador un ex alumno do centro.

Fotografía  de Claudia Laredo Montenegro de Infantil 5 anos
Título: A aldea de nosa avoa en Leiro (Ourense)

RESULTADO FINAL DA INVESTIGACIÓN EN INFANTIL


Como todos e todas sabedes, este ano, co noso PDI O Planeta Bosque, os nosos alumnos e alumnas de E. Infantil investigaron sobre unha árbore chamada Drago e as Illas Canarias.

Neste artigo,  amosámosvos o traballo realizado ao longo do segundo e terceiro trimestres e o libro conseguiron realizar con toda a información atopada.


PONTE... NAS ONDAS! CONTAMOS PARA O MUNDO.



O venres 25 de Maio, no Verbum, foi a X Mostra da oralidade Galego-Portuguesa e os alumnos e alumnas de alí estivemos escoitando historias e contos de diferentes paises: Marrocos, Brasil, Venezuela, EE.UU, Portugal e Etiopía. 

Así mesmo, contáronnos historias de raposos, cans e loros que falaban e ata chemineas que non existían. Mesmo foron protagonistas as nosas compañeiras: Whitney, Dayana e Mariann que contaron historias de EE.UU, Brasil e Venezuela respectivamente. 



 
Os alumnos e alumnas do IES Alexandre Bóveda amenizaron a mostra con cancións-poemas que fixeron as ledicias do público.

Tamén tedes a información detallada na páxina web de Ponte ...nas ondas!


Pasámolo moi ben!!

sábado, 26 de mayo de 2012

SAÍDA Á ILLA DE AROUSA


No día de hoxe, temos disfrutado dunha nova andaina organizada pola A.N.P.A.

O lugar, o paraíso: a Illa de Arousa. O tempo non acompañou moito, por iso algúns dos compañeiros habituais de viaxe quedaron na casa. Pero, finalmente, o sol saiu, e mesmo (nos lugares abrigados) pasamos calor. Tamén nos acompañou o vivificador vento da Illa, polo que vemos cos pulmóns (e as cabezas) limpos e renovados.

Queda moito por ver, pero dimos un bo paseo arredor do Parque do Carreirón, unha reserva natural de aves chea de beleza, fermosas calas e estruturas máxicas, como esqueletes de barcos ou árbores de extrañas formas.

Xa estamos desexando voltar para ver o que nos resta.

Grazas, novamente, á A.N.P.A. pola magnífica tarefa que realiza, e á nosa compañeira Ana, que, nesta ocasión, fixo de guía. 




jueves, 24 de mayo de 2012

A CEIBA NA LITERATURA


Os alumnos e alumnas de 5ºB estiveron a investigar que a Ceiba é unha árbore  sagrada  para moitos habitantes dalgúns países de América do Sur e tamén de Cuba. Por todo isto, sae reflexada na literatura en moitas ocasións, como unha mistura entre mito e realidade, lenda e razón...

Neste primeiro documento amósannos unha escolma de contos, fábulas e poesías  ilustradas tanto de xeito tradicional coma dixital.

 

Tamén grabaron un vídeo contándonos unha lenda moi interesante e algúns poemas.




A RUTA DA SEDA



Para realizar a nosa tarefa fin de Proxecto, os alumnos e alumnas de 6ºB estivemos a investigar sobre a Ruta da Seda que deu comezo xa antes da Época Romana.

Como primeira mostra do noso traballo, amosámosvos unha presentación do noso compañeiro Noel que nos  descubre  moitas anécdotas da historia desta Ruta.




Tamén vos presentamos todos os traballos de aula elaborados a través deste Glogster, e aproveitamos para comentar que aprendimos moito sobre este gran país e sobre a cerdeira, que foi a nosa árbore de traballo.


O CIRCO DE PULGAS NAS TARDES DE CONTO


Este mércores contamos coa visita do Circo das Pulgas Carruselo, O Galiza Pulgas Circus, que fixo para todos unha das únicas representacións do mundo.

Contamos coa presenza das pulgas Breogán, Esmeralda e Mimi. Grazas a Claudio Carruselo por adicarse a domar pulgas sen maltrato ningún.

Tivemos cheo absoluto: non tiñamos espazo na biblioteca nin para unha soa pulguiña máis.




martes, 22 de mayo de 2012

DESPEDIDA DE FRIANCIÑO JONES EN E. INFANTIL



Despois de tantos días e tanto traballo de investigación, Frianciño infórmanos a todos os alumnos e alumnas de Infantil que o noso proxecto chegou ao seu fin. 

E tamén quere darnos as grazas polo bo traballo que fixemos.


lunes, 21 de mayo de 2012

O COELLIÑO BRANCO NUNHA NOVA TARDE DE CONTOS


O pasado mércores tivemos connosco a Raquel, a nai de Lara (Educación Infantil). Contounos a historia do famoso Coelliño Branco, de Xosé Ballesteros, con ilustracións de Óscar Vilán e editado por Kalandraka.

Raquel ademais de deleitarnos coa historia, presentounos unhas marionetas de pau feitas por ela mesma que nos abraiaron a todos.

Como non, despois tocounos traballar a nós e fixemos uns marcapáxinas moi orixinais utilizando goma EVA, tesoiras, pegamento, lentellas, teas e a nosa imaxinación.

Agora se queredes lembrar esta historia, xogar e traballar un pouco, non tedes máis que premer na imaxe, e... adiante!


Dámoslle tamén as grazas a  Belén e ós profes do CEE de Vilagarcía por crear este traballo.

domingo, 20 de mayo de 2012

UNHA CHEA DE TRABALLOS CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS

Durante toda a semana estivemos a traballar nas aulas a figura de Valentín Paz Andrade, e aqui vos amosamos unha pequena escolma do que se vai facendo e que vai chegando á nosa biblioteca.

Dende unha chea de caricaturas en 6ºB.


Tamén un vídeo coa lectura conxunta dos alumnos de alumnas de 5ºB do poema Cando ti volvas polo mare e a súa representación artística




Os carteis dixitais elaborados tanto por 6º A coma 6ºB.





Lembra as nosas propostas para conmemorar o Día das Letras Galegas 2012:


sábado, 19 de mayo de 2012

SOMOS A PÚBLICA


Chegou o intre de defender a educación pública, tamén a través das redes sociais. 

Isto é o que nos pide Federico Mayor Zaragoza, quen, entre outras persoas de recoñecido prestixio, participa neste fermosísimo vídeo co que todos os que formamos parte do ensino público nos sentimos tan identificados.

E niso estamos.

Porque a Educación é obrigatoria e gratuita (Declaración Universal dos Dereitos Humanos). E porque está nas nosas mans tomar as riendas do noso destino.

Grazas, Jose, por nos achegar este precioso documento. 





viernes, 18 de mayo de 2012

CO GALEGO CHEGARÁS LONXE


 Promocionar o uso galego na Festa das Letras é unha boa iniciativa para pór en valor a nosa lingua. 

A través do coordinador do Equipo de Biblioteca do IES Lama das Quendas coñecimos este spot elaborado polo alumnado do propio IES e o do IES Val do Asma. A finalidade: promocionar o uso do galego entre o alumnado da comarca de Chantada.

Como veredes, a factura é perfecta, e a presentación, moi orixinal, ó vencellar o uso da lingua co deporte.




Grazas polo voso agasallo, e... Mil primaveras para a nosa lingua!

UNHA PONTE CHEA DE ACTIVIDADES


A Ponte das Letras preséntase chuviosa en Vigo. Porén, isto non debe obrigarnos a permanecer na casa. 

A miña amiga Ana I., a "abelliña traballadora" que, puntualmente, nos conta en Vigoentrefamilias todas as actividades que podemos desenvolver na nosa cidade coas nosas familias, achéganos un montón de propostas para esta fin de semana:

Os días 17, 18, 19 e 20 de maio temos moitas actividades para disfrutar en familia:

Mirade na Axenda de Vigoentrefamilias (
http://vigo.entrefamilias.com/  ) día a día o que hai, que xa sabemos que a todo non se pode ir, pero pode axudarnos a seccionar algunha cousiña.



Grazas, Ana polas túas suxestións. Esperemos sacar proveito delas.

miércoles, 16 de mayo de 2012

50 ANOS DAS LETRAS GALEGAS


Este ano 2012 celébrase o 50 Aniversario do Día das Letras Galegas e así decoramos a  entrada do colexio cun mural que representa o logo conmemorativo.

O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas. O 28 de abril do mesmo ano, en Xunta ordinaria, a Academia resolveu, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano.

Desde 1991, dezaoito anos despois da súa institución, o Día das Letras Galegas é festividade oficial en Galicia. Constitúe, ademais, a meirande conmemoración da nosa Cultura e das nosas Letras  e todos participamos  (entidades, asociacións, colexios, concellos...), en conxunto, no labor de coñecer, honrar e difundir a memoria e a obra da persoa homenaxeada.


Segundo Pepe Barro, do Grupo Revisión, que realizou o deseño, "se se debuxa unha liña arredor dun L maiúsculo, a forma que se obtén de xeito natural é a dun corazón". O 'L' maiúsculo fai referencia ás letras, á lingua, ao libro e tamén ao número romano cincuenta, os 50 Días das Letras que conmemoramos este ano.

Aquí recordamos a todas as persoas das Letras que lle adicamos todos estes anos:

ALISON BLAIR PRESÉNTANOS A TOMMY EN E. INFANTIL



Esta mañá, os alumnos e alumnas de E. Infantil de 4 anos, tivemos a sorte de contar coa presenza de Alison Blair, acompañada da súa mascota Tommy the tiger que nos animaron a todos e a todas a cantar e bailar en Inglés.

Participamos nunha sesión de contacontos moi especial porque Alison é autora de moitos libros de actividades en Lingua Inglesa e Tommy é a súa mascota particular coa que nos fixo "jump, dance, walk and sing".



Thanks a lot for your visit!!!
Grazas pola vosa visita!!!

domingo, 13 de mayo de 2012

UNHA MAÑÁ DE MAIOS E MOITO MÁIS...


Este venres 10 de maio, viron ao noso colexio as representantes dos centros de Alcázar de S. Juan, Xixón e Reus cos que traballamos no Proxecto ARCE "Un bosque para leer y navegar" e que vai chegando ao seu fin. 

Que mellor ocasión para convidar aos representantes do Concello (o noso Ilm. Sr. Alcalde de Vigo e a nosa Concelleira de Educación) e á nosa Auxiliar de Conversación (Jessica).

Recibimos a todos eles e elas cun acto ben distinto onde elaboramos un Maio en forma de barca, cantamos e bailamos coplas ó seu arredor e por último entonamos a canción O verde mola, que guía o noso proxecto.

Grazas a toda a Comunidade Educativa que estivo disposta a realizar unha chea de actividades, dende a recolección de fiuncho, flores e ovos, pasando polo ensaios do baile, a creación de colares...

Todas as   imaxes e o  vídeo das coplas e da  canción O Verde Mola, os podedes atopar  na páxina web do noso centro:


Neste álbum podedes disfrutar de todas as actividades realizadas coas profesoras representantes dos centros do Proxecto ARCE durante estes dous días como un paseo pola cidade de Vigo, a visita a cidade de Santiago e como remate final unha andaina pola illa de Cortegada e a Ría de Arousa



sábado, 12 de mayo de 2012

UN ANO MÁIS: CONCURSO DE FOTOGRAFÍA FAMILIAR

Como cada mes de maio, chega o noso Concurso de Fotografía Familiar.  

Xa sabedes que ao longo do ano tentamos que toda a Comunidade Educativa partícipe  das actividades propostas polo Centro; e que, por outra, pretendemos introducir ás familias no mundo das Novas Tecnoloxías, no que o Centro está tan volcado.

 Así que animádevos a ler as bases do concurso:

1.-Tema: o do noso PDI O planeta bosque.

2.-prazo para entregar as vosas fotografías remata o mércores 23 de maio de 2012. 

3.-Forma de entrega: A través do correo electrónico, á dirección: 


concursosfrian@gmail.com

4.-As fotografías enviadas formarán parte dun artigo na web do noso centro, onde poderán ser votadas polos internautas. 

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/galeria/thumbnails.php?album=142

5.-A fotografía gañadora servirá para deseñar un cartel publicitario que se exhibirá durante a Festa - Exposición que organizaremos o día 29 de maio.


viernes, 11 de mayo de 2012

SOBRE A CIDADE DE BENARÉS


Nesta tarefa, os nenos e as nenas de 6ºB, informámonos sobre os costumes na cidade de Benarés, no que se refire á gastronomía, á sociedade, á súa maneira de vestir, e, como non, sobre o río Ganges. 

Uns fixemos o traballo nun documento, outros nunha presentación e esta vez a orixinalidade foi o traballo plástico feito por Dayana

 O resumo podémolo ver neste Glogster.


 

 E o traballo de Dayana, na presentación.




jueves, 10 de mayo de 2012

UN CORREDOR PARA VALENTÍN PAZ ANDRADE


Neste días de conmemoración das Letras Galegas, o Equipo de Potenciación Lingüística xunto co Equipo de Biblioteca aproveitamos o traballo  do CEIP Castelao de Rianxo, publicado en formato carteis, para crear no noso corredor de acceso ao Lar de Frianciño unha zona de información sobre a vida e a obra de Valentín Paz Andrade. 

Así, nesta próxima semana, cando os nosos alumnos e alumnas suban á biblioteca, poderán acceder a toda a información recollida nos carteis, para así despois poder traballar nos moitos enlaces que xa publicamos anteriormente.


A ENSALADA DE CONTOS DE 2ºB


Os alumnos e alumnas de 2ºB tamén leron os contos de HC Andersen, con motivo  do Día do Libro. E, como non, elaboraron entre todos unha ensalada cos tres contos que lles correspondeu.

Así que aquí podedes disfrutar desta nova historia.


TRABALLANDO A HC ANDERSEN EN EDUCACIÓN INFANTIL


Os alumnos e alumnas de Educación Infantil recibiron a proposta da nosa árbore papa-contos e puxéronse a traballar, coma o resto do colexio, na creación das súas ensaladas de contos de HC Andersen conmemorando ao Día do Libro.

Foron quen de crear historias divertidas, entretidas, distintas, coas personaxes dos contos e os escenarios principais.

Aquí vos amosamos as súas creacións a través de "pictiocontos".




UN DRAGÓN A DIETA NA TARDE DE CONTOS


Nesta tarde de contos recuperamos unha historia dun dragón farto de comer: ponse a dieta e cae enfermo. Así que  tivemos que chamar ao doutor (a nosa alumna Valentina de 2ºA) para que lle dese uns bos consellos e...


Despois de estar atentos á historia, realizamos uns monocreques co noso dragón particular.

  
Grazas por unha nova tarde de contos divertida!!!


miércoles, 9 de mayo de 2012

EN 1º B TAMÉN FOMOS AO MERCADO NIXERIANO


Na aula de 1ºB, tamén fixemos o noso  mercado tradicional africano unha vez que limos o conto da palmeira e visualizamos un vídeo de mercados do mundo.

Repartimos o noso traballo por parellas e puxémonos mans á obra coa plastilina para elaborar froitas, hortalizas, vexetais... E aquí tedes o resultado:



martes, 8 de mayo de 2012

INVESTIGACIÓN SOBRE A NOVA DA APARICIÓN DUN MASCARÓN MAIA


Os alumnos e alumnas de estiveron investigando unha nova que apareceu nos xornais, informando da aparición dun mascarón estucado na selva guatemalteca. 

Estas son dúas presentacións realizadas polo alumnado de 5ºA informándonos sobre esta nova:






Aquí vos amosamos unha chea de novas realizadas polos rapaces e rapazas de 5ºB:


E nesta presentación podedes observar os mascaróns que realizaron en educación artística, utilizando unha variada selección de materiais:


lunes, 7 de mayo de 2012

O MERCADO NIXERIANO DE 1ºA


Os alumnos e alumnas de 1º A vimos de investigar sobre os mercados africanos e elaboramos a nosa tarefa final do noso Proxecto Documental  deste curso.

Tentamos representar con plastilina, na porta da nosa aula, un mercado nixeriano onde se vende todo tipo de produtos frescos (carne, peixe, froita...) e por suposto tamén cerámica elaborada polos habitantes dos poboados de arredor.



domingo, 6 de mayo de 2012

NAS LETRAS GALEGAS


Nestes días, o Equipo de Potenciación Lingüística do noso centro, en colaboración co resto do Profesorado e co Equipo TICS, veñen de elaborar unha serie de presentacións, contos, historias... baseadas na vida e obra do noso protagonista deste ano no Día das Letras Galegas, Valentín Paz Andrade.

Nesta primeira imaxe da nosa mascota Frianciño, podedes atopar todas estas actividades das que vos falamos, dende unha liña do tempo ata varias historias en formato LIM que nos falan da súa vida e da súa obra.



Neste outro enlace á nosa páxina web, tedes unha chea de actividades que fomos atopando pola rede e a través dos centros que estamos no PLAMBEós que agradecemos o traballo realizado.


A ENSALADA DE CONTOS DE 2ºA

 
E como no resto dos curso, os alumnos e alumnas de 2ºA estiveron a ler e traballar os contos de HC Andersen, e tamén elaboraron a súa ensalada.

Aquí vos amosamos o vídeo con esta fermosa historia contada por toda a clase.