Para comezar ben as vacacións... máis literatura e máis bibliotecas!
Porque do 30 de xuño ó 2 de xullo estivemos en Santiago a profe
Luz e máis eu, participando no
II Encontro Estatal Literatura e Educación, organizado por FETE-UGT.
Unhas interesantes xornadas nas que participaron dende ilustradores ata editores, pasando por escritores, profesores universitarios, asesores de Bibliotecas Escolares e mestres de centros integrados no PLAMBE.
O intre máis entrañable foi o xoves pola tarde, cando
Manuel Rivas foi galardoado co
Premio das Letras Lorenzo Luzuriaga.
Tamén foi ocasión de charlar e aprender coas nosas compañeiras de PLAMBE
Nine e
Gracia, e coas nosas "xefas", Cristina e Pilar.
As xornadas remataron coa presentación de tres centros galegos galardoados cos Premios Nacionais de Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares: o
C.E.I.P. de Cervo, o
I.E.S. de Sanxenxo e o
C.E.I.P. Frian - Teis. Así que compartimos mesa con
Nati (a Asesora do CEFORE de Vilagarcía), con
Loli, de Sanxenxo, e con
María, de Cervo.
A nosa presentación titulouse
Biblioteca en crecemento, e, como non, foi inspirada no
cadro de Brais.
Unha oportunidade para aprender e intercambiar opinións.